Vinte proxectos emprendedores participarán na segunda edición do coworking de Barro
Por Redacción
Durante cinco meses, e de xeito totalmente gratuíto, vinte proxectos emprendedores ocuparán o viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis para participar na segunda edición do coworking impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial.
Trece de estes proxectos, segundo destaca o goberno provincial, están liderados por mulleres.
En total, os proxectos que comezan a desenvolverse este xoves centraranse en eidos como a psicoloxía, a publicidade online, a radio, o ensino, a internacionalización, a arqueoloxía, a nutrición e a saúde, o turismo, a avogacía, a selección de persoal, a tecnoloxía ou a fotografía.
Ademais do espazo, os emprendedores recibirán acompañamento individualizado e accións formativas especializadas para garantir o éxito dos seus proxectos.
Máis polo miúdo, a cada proxecto destinarase 40 horas de mentorización personalizada na que se traballarán conceptos esenciais para o desenvolvemento da súa idea empresarial, desde o deseño do modelo de negocio ata a análise de mercado ou a viabilidade económica, dando resposta ás necesidades que vaian xurdindo ao longo dos cinco meses.
Tamén se van desenvolver 60 horas de formación especializada a través de obradoiros e sesións formativas grupais para potenciar as competencias en emprendemento e xestión de proxectos.
Como peche da edición, o goberno de Carmela Silva organizará un Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes na segunda edición do coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.
Relacionadas:
-
Pistoletazo de saída á terceira edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
O 66% das iniciativas postas en marcha no coworking de Barro, lideradas por mulleres
Por Redacción |
-
O PP acusa o goberno da Deputación de pasividade na xestión do Polígono de Barro
Por Redacción |
-
Aposta por mulleres emprendedoras en Barro
Por Redacción |
-
As parcelas libres do polígono de Barro-Meis, de novo á venda
Por Redacción |
-
Remata a primeira edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
A Deputación cede a "Buscavivenda" o uso dunha nova oficina no viveiro de empresas de Barro
Por Redacción |