Faleceu Recuna, o párroco de San Xosé Campolongo
Por Oskar Viéitez
O constante tañido das campás da igrexa parroquia de San Xosé levou a noticia ao barrio de Campolongo da morte do seu párroco, José Antonio Fernández Recuna.
O seu funeral está previsto para este martes ás 17:30 na súa parroquia onde se velará o seu cadáver a partir das 10:30 da mañá.
Recuna era pontevedrés de nacemento. Comentaba orgulloso que de rapaz logo de estudar no Instituto Nacional de Ensino Medio de Pontevedra, entón único na nosa capital, traballaba no Museo, ata fixo de guía turístico da cidade. Unha ocupación que nunca abandonou, xa que exercía de cicerone con cada un dos curas novatos que pasaban pola súa parroquia: Polonia, Lituania, Costa de Marfil, Nigeria, entre outras nacionalidades.
Confesábase namorado da zona monumental, especialmente da Basílica de Santa María e presumía de coñecer, tratado e querido entrañablemente "a un Santo", ao fundador do Opus Dei, José María Escrivá de Balaguer.
Concretamente coñeceulle sendo Recuna un seminarista en Santiago de Compostela. Foi tal a impresión que lle causou que, tras ser ordenado en 1964, o pontevedrés trasladouse a Roma para traballar nunha parroquia da periferia, e poder costearse os estudos na Universidade Gregoriana, na sede central do Opus.
José Antonio Fernández Recuna foi párroco de Campolongo desde 1996 e no ano 2003 foi distinguido co premio Amigos de Pontevedra.
Moitos pontevedreses asocian a súa imaxe á bendición das mascotas, unha tradición xa centenaria que Recuna recuperou conseguindo darlle cada ano unha maior repercusión.
O funeral está anunciado para as cinco e media da tarde deste martes.