A APDR cumpre coa súa marcha anual contra ENCE mirando de esguello ao cambio de Goberno
O recente cambio de cor no Goberno Central, agora en mans dun executivo do Partido Socialista, estivo moi presente este sábado na marcha anual de protesta contra a permanencia de Ence en Lourizán convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR).
"Non esquezamos que o PSOE declarouse contrario á prórroga e comprometeuse a derrogala. Agora pode facelo, e desde a APDR imos presionar tanto pola vía xudicial como pola social para que o faga", sinalou no seu manifesto o colectivo ecoloxista en relación á prórroga de 60 anos na concesión da pasteira.
O primeiro xesto que piden ao Goberno "xa" é que declare a caducidade da concesión a Elnosa, para despois centrarse en buscar vías para anular o permiso concedido á pasteira.
A APDR lembrou os 30 anos de loita contra o complexo insdustrial de Lourizán a pé da ría de Pontevedra, e por ese motivo dedicou a tradicional protesta ás praias que había na zona, co lema 'Debaixo da fábrica están as praias'.
"Non renunciamos aos nosos obxectivos, non renunciamos a conseguir a recuperación da nosa ría e as nosas praias, unhas praias que foron ao tempo espazo de lecer e divertimento, e soporte físico de milleiros de postos de traballo", sinalou o colectivo presidido por Antón Masa.
Como vén sendo habitual a manifestación, que estaba convocada para as 19:30 horas, partiu das alamedas de Pontevedra e Marín para confluír ante a fábrica de Ence.
Marcha de protesta contra ENCE
A APDR convocou este sábado 16 de xuño a súa tradicional marcha de protesta contra a permanencia de Ence en Lourizán
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
A APDR implica as estatuas de Pontevedra contra ENCE e Elnosa: "Prórrogas? Non grazas. Anulación!"
Por Redacción |
-
O PSOE promete "insistir" ante o Goberno de Pedro Sánchez para que Ence saia da ría
Por Redacción |
-
ENCE defende ante a marcha de protesta da APDR que cumpre "rigorosamente" a normativa ambiental
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A APDR convoca para o sábado 16 de xuño a súa marcha anual contra ENCE
Por Diego Espiño |