O goberno local de Sanxenxo critica á oposición por non apoiar os seus plans para a praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez
Na última reunión do Consello de Nauta, celebrada este mércores, incluíase unha proposta do goberno local para que o consello delegase na presidencia a xestión da achega de area á praia da Carabuxeira.
Segundo o goberno bipartito, o obxectivo da proposta é "axilizar a xestión deste asunto, de maneira, que non haxa que estar a reunir ao Consello de Nauta a cada paso que hai que dar". O BNG e o PSOE votaron en contra. O goberno dispoñía da maioría suficiente para aprobar a proposta.
Ao executivo local gustaríalle realizar a achega de area antes de agosto, aproveitando a recente autorización de Costas.
Para o bipatito os partidos da oposición "demostraron que a súa prioridade non é rexenerar a praia da Carabuxeira, o seu obxectivo é poñer paus na roda do goberno".