Juan Luis Arregui, presidente de ENCE: "Trabajamos para que en 2016, todos nos pidan que sigamos en Pontevedra"
Por Alejandro Espiño
Ence non manexa outro escenario que non sexa permanecer no seu actual emprazamento na Ría de Pontevedra máis aló do 2018. Así se desprende das palabras de Juan Luís Arregui. E é que a nova Lei de Costas que se aprobará definitivamente este xoves contempla a posibilidade de ampliar as concesións en terreo marítimo-terrestre, como é o caso da pasteira, en 75 anos. "Hoy estamos más tranquilos", recoñeceu o presidente da compañía.
Arregui explicou que para esta continuidade o informe que debe emitir a Xunta de Galicia "es determinante" e que para lograr o visto bo do goberno galego, Ence realizará un forte investimento na mellora tecnolóxica da fábrica de Lourizán. "Estamos haciendo bien nuestro trabajo, pero el Estado dirá", dixo, pero deixando claro que "no podemos ser contaminantes y hoy, técnicamente, somos la empresa más limpia del mundo".
"Es verdad que, probablemente, Ence no ha hecho bien las cosas", recoñeceu Arregui. En todo caso, reiterou que hai sete anos, data na que o actual consello fíxose cargo da empresa, "había cosas que no se habían hecho". Foi ese día, dixo, cando a empresa marcouse o obxectivo de que "en el plazo de 10 años todos estuviesen de acuerdo y que nos pidiesen que sigamos en Pontevedra, invirtiendo cada vez más".
O presidente de Ence destacou que "las cosas no se arreglan en un día" e que a planta de Pontevedra ten un "déficit tecnológico" que tratan de corrixir. "Hemos invertido mucho en Navia y en Huelva y ahora es el turno de Pontevedra", afirmou. E todo para que os pontevedreses cambien a súa percepción. "Yo quiero que Pontevedra nos quiera", reiterou Arregui. "No tengo ninguna duda de que Pontevedra nos quiere más que hace siete años".
Neste sentido, Arregui afirmou que "hoy nadie puede decir que Pontevedra huele" e anunciou que, ademais do proxecto para a mellora estética da fábrica, a empresa reducirá as emisións de vapor nun 90 por cento. E coa Lei de Costas na man, Ence non descarta recuperar o proxecto da planta de biomasa que rexeitou a Xunta no seu día e que se situaría dentro do actual complexo industrial.
O TRASLADO ÿ "INVIABLE"
En todo caso, pase o que pase coa Lei de Costas e o informe da Xunta, Juan Luís Arregui insistiu en que o traslado de Ence é "inviable". Fíxoo tras destacar que durante certo tempo a empresa entendía que podía haber algunha posibilidade. "Yo fui el culpable de decir que Ence se podía trasladar", recoñeceu Arregui. "Fue al poco de llegar y entendía que se podía hacer", de aí que "hayamos pensado, trabajado y gastado mucho dinero" en estudos.
Pero agora móstrase convencido de que o seu actual ubicación é "el único lugar" no que poderían estar, pola súa proximidade coa Ría de Pontevedra. E por iso, coa Lei de Costas na man, volverán negociar coa Xunta. "Tendremos cabida siempre que cumplamos medioambientalmente y estamos convencidos de que así será".
Arregui fixo estas declaracións durante a firma dun convenio entre Ence e a Deputación de Pontevedra polo cal poñeranse en marcha dez bolsas de formación en Príncipe Felipe. Están destinadas a titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, educación social, educación infantil, maxisterio, traballo social e ciencias da actividade física e o deporte. Contarán cun orzamento de 100.000 euros, dos que Ence aportará 75.000.
Relacionadas:
-
Arregui (ENCE): "Lo que hacemos no molesta ni daña a nadie. ¿Por qué nos tenemos que ir si cumplimos la ley?"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Moreira apoia os traballadores de ENCE ante o ERE proposto pola empresa
Por Redacción |
-
Louzán: "Estamos en condicións de desperdiciar os postos de traballo de ENCE? Eu sinceiramente creo que non"
Por Alejandro Espiño |
-
Louzán abre a porta á continuidade de ENCE na Ría e Lores cre que é un "auténtico escándalo"
Por Alejandro Espiño |