Maica Larriba toma posesión como subdelegada do Goberno en Pontevedra
Por Redacción
Maica Larriba xa é oficialmente subdelegada do Goberno en Pontevedra. Este martes tomou posesión do cargo nun acto celebrado na Delegación do Goberno na Coruña xunto aos outros tres subdelegados provinciais, Pilar López-Riobóo (A Coruña), Isabel Rodríguez (Lugo) e Emilio González (Ourense).
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, aproveitou o acto para animar os catro novos subdelegados a traballar cada día para levar as políticas do Goberno de España a cada municipio de Galicia: "Sodes as persoas que no día a día tedes a responsabilidade de trasladar a xestión do Goberno aos galegos; sodes o Goberno de España no territorio".
Losada mostrou a súa confianza na capacidade e experiencia das tres subdelegadas e do subdelegado, así como do coñecemento das súas respectivas provincias, para empezar a traballar desde o primeiro día e sen escusas. Ademais, usou a súa intervención para mostrar o profundo pesar polo falecemento do ex delegado do Goberno en Galicia Miguel Cortizo e trasladou as condolencias de toda a delegación á familia.
Ao acto de toma de posesión, de carácter interno, asistiron o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, Ángel Alonso, e o xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, así como representantes da delegación e subdelegacións e familiares dos catro novos cargos.
Maica Larriba García (1953) é actualmente secretaria xeral do PSOE local de Pontevedra. É licenciada en Xeografía e Historia e catedrática de Xeografía e Historia desde o ano 1996. Pertence na actualidade ao corpo de catedráticos de Ensino Secundario da Xunta de Galicia, con praza no instituto da Xunqueira. Foi concelleira de Educación e Servizos Sociais no Concello de Pontevedra e delegada provincial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
RADIO.- Maica Larriba: "O Villa de Pitanxo foi horrible; eu nunca vin tan de preto a dor e a desesperación"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Maica Larriba: "Quero que a voz dos cidadáns entre na Subdelegación do Goberno"
Por Marisa Ciordia |
-
Maica Larriba, subdelegada dun Goberno feminista que buscará "dar visibilidade a esa metade da poboación que parece invisible"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Maica Larriba estréase como subdelegada do Goberno nun acto con Gonzalo Caballero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Maica Larriba, nova subdelegada do Goberno en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- A Playlist: Maica Larriba, llegan nuevas experiencias y emociones con Mario
Por Marisa Ciordia |
-
Maica Larriba, primeira muller que dirixe a agrupación local socialista
Por Mónica Patxot & Redacción |