Carla Santoro Cernadas ten oito anos e sen un adestramento rigoroso e específico, o pasado xuño regresou a Ponte Caldelas con tres medallas de ouro do Campionato de España de Atletismo para menores, organizado pola Federación Española de Deportes para Cegos.
Porque hai un detalle, a súa enfermidade, o albinismo ocular. Unha condición que non mingua as aptitudes físicas que ten Carla, pero si pode minguar futuras consecucións a falta de medios e apoios que xa nestes incipientes inicios está a atoparse.
Para falar no Cara a cara viña acompañada da súa nai, Vanesa Cernadas e a súa irmá de cinco anos, Nerea. Cóntanos que aínda que xa practicara outros deportes, non foi ata este 2018 cando comezou a practicar o tríatlon, a través da triatleta viguesa Susana Rodríguez; unha práctica que lle serviu para inscribirse no citado campionato.
"Desde sempre lle gustou correr e corre como un raio" sinala a nai, que recoñece que cando lle acompañan nos adestramentos, é imposible seguirlle o ritmo.
A ONCE organiza anualmente campionatos de verán e de inverno. Vanesa avanzá que participará neles. Ademais contemplan inscribirse no campionato galego de tríatlon; aínda que Carla vese obrigada ata a data para participar en dúatlon xa que carece de tándem e guía para a proba de ciclismo.
No sólo destaca en estas actividades deportivas, el curso lo ha resuelto con sobresalientes. Y demuestra en PontevedraViva Radio su afición y aprendizaje de idiomas. Se expresa con una fluidez y madurez tan destacable como su potencial deportivo. Rememora el recibimiento que tras el campeonato tuvo en el colegio Manuel Cordo Boullosa donde estudia y también en el Concello. Que querer é poder, teno claro; o que fai falta é que tamén llo faciliten.