A cadela cega Cata atopa, por fin, un fogar
Por Redacción
Cata logrou atopar un fogar esta semana, despois de que o seu anterior propietario a deixara abandonada, arroxándoa por un enreixado, cando lle sobreveu unha cegueira. O Centro de Atención e Acollida de Animais (CAAN), que depende da Deputación Provincial, en colaboración coa Asociación Cadeliños posibilitou que o animal puidese atopar un novo propietario, que se mostrou encantado co cariñosa que é esta cadela.
Cata adaptouse á súa cegueira e percorre os espazos valéndose do olfato e ao tratarse dun animal moi sociable consegue facer amizade con outras mascotas que xa tiña a persoa que a adoptou.
Agora, esta cadela atópase á espera dunha operación oftalmolóxica a través da que se tentará devolverlle parte da visión. Desde o CAAN alértase de que se abandonan moitos cans cegos por ignorancia e desagradecimiento, cando estes animais poden realizar unha vida case normal ao potenciar o seu oído e o seu olfato.
A Asociación Cadeliños tamén fai unha chamada a aquelas persoas que queiran colaborar na rede que organizaron para dar hospedaxe a cans abandonados mentres se xestiona a súa adopción. A asociación cobre todos os gastos e a casa de acollida só debe proporcionar un fogar e agarimo á mascota.
Os interesados poden contactar coa asociación a través de Facebook ou no teléfono 722.614.875
Relacionadas:
-
Cadeliños denuncia o envelenamento dunha colonia de gatos en Campelo
Por Redacción |
-
A Asociación de Rescate Animal 'Cadeliños' organiza un magosto solidario en Barro
Por Redacción |
-
A Deputación ampliará a canceira provincial para acadar un maior benestar dos animais
Por Redacción |
-
Colectivos animalistas piden á Deputación a creación dunha Rede de Casas de Acollida para cans e gatos
Por Redacción |
-
Chini deixa atrás o maltrato e xa ten unha nova familia
Por Redacción |