A veciñanza do Toural recolle este xoves os seus composteiros
Por Redacción
Os veciños da zona do Toural e arredores, no municipio de Vilaboa, recibirán este xoves os composteiros individuais para realizar tarefas de compostaxe cos restos orgánicos, dentro do Plan Revitaliza que está a levar a cabo a Deputación Provincial.
Serán ao redor de 90 veciños con vivendas que contan cun terreo os que reciban estes depósitos, nun encontro que levará a cabo nas instalacións municipais a partir das 20.00 horas. O obxectivo é que a finais de ano toda a veciñanza trate os seus biorresiduos no seu propio domicilio.
Segundo informan desde a Deputación, o Concello de Vilaboa será un dos primeiros en todo o Estado español que cumprirá a tempo a nova normativa de residuos, que obrigará a que en 2020 todo o lixo orgánico se composte ou se recolla de forma separada.
A Deputación achega o 90% do custo dos composteiros individuais, os comunitarios e tamén un camión guindastre, trituradoras para o estruturante e outros elementos necesarios para este proceso de xestión do lixo.
A charla que se ofrecerá estará aberta a todo o público mentres que os veciños convocados para a entrega están a ser citados por teléfono. Cada un deles recibirá, ademais do composteiro, un aireador, un termómetro analóxico e un manual de compostaxe.
Relacionadas:
-
Volven os repartos de composteiros individuais do Revitaliza á veciñanza de Vilaboa
Por Redacción |
-
Os "concellos Revitaliza" recibirán unha nova inxección de dous millóns de euros
Por Redacción |
-
Comeza o reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza en Vilaboa
Por Redacción |
-
Sae ás rúas a terceira promoción de mestres composteiros
-
Novo impulso á compostaxe en Vilaboa para situarse á vangarda europea en xestión de residuos
Por Diego Espiño |