A programación estival de Sanxenxo inclúe un centenar de actividades para todos os públicos
Por Redacción
Desde as concellerías de Cultura e Festas deuse a coñecer esta fin de semana unha programación composta por máis dun centenar de actividades para pequenos e maiores.
O concerto da xira Cadena 40 Summer Live, o 12 de agosto coas actuacións de Reyko, Ana Mena e David Álvarez, entre outros grupos musicais e DJ´s do momento será en Portonovo coa música máis actual do país.
A Feira do Libro de 10 ao 15 xullo, un intercambio musical da Banda de Música de Sanxenxo coa Banda de Valencia, o xa tradicional campionato mundial de Colchóns, Keltia (un espectáculo musical), o cinema na rúa, o trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo, entre outras actividades e eventos son as apostas fortes para este verán.
A concentración Mototurística Rías Baixas, que este ano cumpre 33 anos, a festa da Bicicleta, o Tríatlon do Club Corbelo, a Feira da Cebola, a Volta pedreste a Aios, son citas que continúan consolidándose un ano máis, como datas obrigadas no calendario municipal.
É un programa de verán organizado polos colectivos e polo Concello que ten en conta as preferencias do púbico e as demandas. "Actividades moi variadas que van desde programas de conciliación e actividades deportivas ata actuacións musicais e de novo circo, na rúa, sen deixar de lado o Cinema na Rúa, das parroquias, o Festival de Bandas organizado pola sociedade Musical Sanxenxo e o IV Encontro de Galicia Brass Band", destacan.
"É un programa completo no que, por destacar algún contido, podemos dicir que empezamos cumprindo un soño: A Feira do Libro de Galicia, con diversas actividades sobre ou mundo da lectura durante varios días. O 25 de xullo, a celebración do patrón de Galicia, será a cargo de Keltia, un musical que transformará a Praza dos Barcos, nun auditorio ao aire libre", sinalan Paz Lago e Jesus Sueiro.
Relacionadas:
-
Sanxenxo planifica 89 actividades festivas durante o verán
Por Redacción |
-
Alberta González e Enrique Martínez Marín, galardoados coas Cebolas de Ouro de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Galicia Brass Band Infantil faise grande en Sanxenxo
Por Redacción |
-
San Xinés recupera os cabezudos
Por Redacción |
-
A queimada máis grande do mundo tóstase en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo, referente para o sector editorial galego durante seis días
Por Redacción |