Na Seca atronan os motores da man da Rosa dos Ventos
Por Diego Torrado & Redacción
O popular presentador e humorista galego Isi foi o artista convidado á novena edición da concentración moteira A Rosa dos Ventos, que se desenvolve durante esta fin de semana en Poio, con base na chaira da Seca.
Ao longo de toda a xornada do sábado sucedéronse as actividades con paseos por zonas turísticas dos arredores, degustación de mexillóns, cun dobre espectáculo de Stunt con Anys, Corredoira 89 e Edu Rodríguez.
Xa pasada a medianoite e despois das queimadas tradicionais, a disco móbil foi a protagonista da festa con gogós e agasallos ata altas horas da madrugada.
Durante a xornada deste domingo, os moteiros levarán a cabo unha ruta ata Redondela, que dará paso a unha comida na carpa. A festa finalizará ás 17.00 horas coa despedida e o desexo de volverse a ver na cita do 2019.