Os carteiristas, á espreita por San Benitiño
Por Redacción
Con motivo da celebración este mércores da tradicional romaría de San Benitiño de Lérez, a Comisaría Provincial de Pontevedra poñerá en marcha un plan especial antifurtos co obxectivo de evitar que os carteiristas actuén impunemente aproveitando as aglomeracións.
Segundo informou a Comisaría, impulsarase a presenza policial cun maior número de efectivos de radiopatrullas da Policía Nacional e axentes a pé, uniformados e de paisano.
O dispositivo especial de seguridade establécese tras constatar que cada ano os ladróns adoitan aproveitar as aglomeracións que se suceden ao longo de toda a xornada para facerse coas carteiras e outros obxectos de valor dos devotos.
Ademais, desde a Comisaría reiteran unha vez máis os consellos que adoitan difundir con motivo de festas e épocas de rebaixas para que os cidadáns eviten ser vítimas dun furto e que iso nos amargue a xornada de festa.
Respecto diso, lembran que para evitar ser vítimas dun furto mentres paseamos pola vía pública, o prioritario é asegurar as nosas pertenzas. No caso das mulleres, os bolsos de man deberán ir cruzados na parte dianteira. Loxicamente dentro levaremos o imprescindible e nunca obxectos de gran valor (grandes cantidades en efectivo, xoias, talóns etc.).
En canto aos homes, no caso de levar billeteiro asegurarse que vai no peto dianteiro a poder ser interior. Se varias persoas se achegan para limparnos unha mancha, lembrar que podemos ser vítimas do famoso 'furto da mancha' e que a sucidade pode ser causada por aqueles.
Ademais, insisten en que o cidadán debe ter especial coidado se varios individuos o abordan. Trátase de persoas habitualmente novas que queren vender panos de papel, chisqueiros ou obxectos similares ou piden esmola. En realidade o que buscan é distraer a atención e que o máis hábil se faga ao descoido coas pertenzas.
Ademais, os axentes aconsellan anotar o teléfono do pai ou a nai en pulseiras identificativas ou no brazo dos máis pequenos para que en caso de perdas a localización dos seus proxenitores sexa máis fácil.
Relacionadas:
-
Policías de uniforme e de paisano reforzarán a seguridade na romaría e as misas de San Benitiño
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra renova a súa devoción cara San Benitiño de Lérez
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Mexillóns para todos na praia fluvial para celebrar o San Benitiño
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Se vas ao San Benitiño... ten coidado coa carteira
Por Redacción |
-
Música e mexillóns para San Bieito
Por Redacción |