A presenza galega en ADIF que podería desatascar varios proxectos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal de Pontevedra espera que a chegada da lucense Isabel Pardo de Vera á presidencia de ADIF, a primeira muller en dirixir a administración ferroviaria española, logre desatascar varios proxectos relativos a este departamento na cidade.
Pardo de Vera, que durante apenas catro meses foi xefa do servizo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, ten sobre a mesa varias peticións realizadas desde a cidade. O Concello ten previsto solicitar unha reunión con ela para analizar estes proxectos.
Un deles, con todo, xa está encarrilado. A transferencia da titularidade da ponte do tren sobre en Lérez en Monte Porreiro, actualmente en desuso, é cuestión de tempo.
Os trámites, segundo fontes municipais, atópanse moi avanzados e, de feito, o Concello estuda xa o uso que se lle dará a esta infraestrutura, que estará previsiblemente vinculada co sendeiro fluvial do Lérez.
Pero, sen dúbida, a iniciativa que esperta máis interese na demandada Vía Verde entre Vilaboa e Pontevedra, empregando para iso os tramos de infraestrutura férrea que non se usarán coa entrada en funcionamento da alta velocidade.
Será unha das peticións que o goberno municipal trasladará á nova presidenta de ADIF, consciente de que os trámites para desafectar este trazado non debería de supoñer ningún problema, ao carecer de interese para o traxecto ferroviario entre Pontevedra e Vigo.
Tamén se quere analizar co ADIF o futuro do apeadeiro do campus universitario, onde se produciron varios incidentes polos seus problemas de seguridade e que, coa alta velocidade, o seu uso será aínda moito máis residual.
Ademais, desde o Concello prevén lembrar a Isabel Pardo de Vera a necesidade de que as Rías Baixas conten cun servizo de cercanías que, polo menos, conecte a capital da provincia con Vigo e Vilagarcía, aínda que recoñecen que se trata dunha petición que, polo menos por agora, conta con poucos visos de facerse realidade.
Relacionadas:
-
ADIF cede a Pontevedra a antiga ponte do tren sobre o Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Domingo de mobilización pola creación dunha vía verde entre Pontevedra e Vigo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Colectivos ciclistas reclamarán unha "gran vía verde" entre Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
As necesidades de subministración eléctrica do AVE reavivan o proxecto de subestación de Bértola
Por Natalia Puga |
-
ADIF propón privatizar as maniobras ferroviarias que fai en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman vías verdes a golpes… de pedal
Por Redacción |