Nova concentración de protesta contra a subestación do AVE en Vilaboa
Por Redacción
Os veciños de Vilaboa continúan protagonizando protestas en contra da instalación da subestación eléctrica relacionada co paso da AVE pola parroquia de Bértola.
Arredor de douscentos veciños sumáronse a este acto reivindicativo que se desenvolve todos os venres na Nacional 550 dende este mes de maio. Dende o goberno local de Vilaboa reclámase un cambio de localización da subestación proxectada. Alegan que a comunidade de montes ofrece terreos para que se constrúa noutra zona e non no centro da parroquia como está previsto. Non obstante, a empresa Rede Eléctrica Española rexeita esta alternativa e mantén o proxecto inicial.
A oposición veciñal á construción desta subestación eléctrica céntrase nos efectos negativos sobre a saúde que provocan as radiacións electromagnéticas e, cada vez, as concentracións contan con máis apoio.
Dende o concello xa se presentaron recursos veciñais na Delegación da Xunta en Pontevedra para intentar frear esta obra a través de la vía administrativa. Os afectados non descartan emprender accións xudiciais.
Relacionadas:
-
Vilaboa mantense en pé de guerra contra a subestación
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa non se rende e volve mobilizarse contra a subestación eléctrica de Bértola
Por Redacción |
-
Concentración veciñal pola subestación de Bértola
Por Redacción |
-
Piden que constrúan no monte a subestación do AVE proxectada para Bértola
Por Oskar Viéitez |