O Concello e a ONCE asinan un convenio con "importantes beneficios mutuos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da ONCE, Miguel Carballeda, asinaron este venres un novo convenio urbanístico que modifica o subscrito no ano 2006. "Este convenio está pechado sen perdas nin ganancias, no sentido de que está equilibrado" resumiu o alcalde respecto dos "importantes beneficios mutuos" que xera este acordo do que dixo estar "satisfeito".
O presidente da ONCE celebrou a "magnífica relación" existente co concello e xustificou os cambios no convenio dicindo que "hemos ido cambiando en función de las circunstancias", entre outras "de la situación económica y de las previsiones de la propia ONCE" respecto da súa forma de afrontar os servizos sociais.
Lores lembrou que este novo convenio urbanístico tivo unha longa tramitación "cremos que esta vai ser a firma definitiva".
Respecto ao anterior acordo de 2006 contén substanciais modificacións. En principio a ONCE tiña previsto facer un novo Centro de Recursos Educativos (CRE) nunha parcela duns 5.000 metros cadrados na rúa Doce de Novembro que lle cedía o Concello "pero pola crise económica e outras cuestións decidiu que non era posible", explicou Lores, polo que cambiaron a formulación inicial pola idea de "recuperar e mellorar" o actual colexio, cuxo edificio no convenio anterior pasaba a ser de titularidade municipal.
Agora o solar de Doce de Novembro retorna a titularidade municipal mantendo o carácter de solo destinado a equipamento público e non será residencial. Pola súa banda a ONCE pasará a "modernizar e actualizar" o actual CRE do colexio Santiago Apóstolo de Campolongo.
Miguel Carballeda referiuse ao Centro de Recursos Educativos como "nuestra referencia importante para el mundo desde Pontevedra" no ámbito da educación inclusiva e citou o seu compromiso coa cidade do Lérez "para que sea un ejemplo de accesibilidad".
"Para o Concello o máis importante deste convenio é que a ONCE continúa cun centro de recursos en Pontevedra e por tanto vai dar unha asistencia de calidade a todas as persoas que o necesiten", destacou o alcalde. "Con este convenio gestionamos el futuro quedándonos aquí, que es lo que queríamos", engadiu Carballeda.
Pero ademais a cidade de Pontevedra beneficiarase do aproveitamento da parcela matriz da ONCE para seguir utilizando o centro social, as pistas deportivas e o pavillón e tamén para abrir a cidade cara ao sur e proxectar un viario que una a zona administrativa de Campolongo coa avenida de Vigo e o IES Torrente Ballester.
Ao seu ao redor está autorizada unha urbanización para unhas 220 vivendas, pero a súa execución quedou en suspenso hai anos, debido á crise.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Miguel Carballeda, reelixido á fronte do máximo órgano de goberno da ONCE
Por Redacción |
-
A urbanización da finca da ONCE entra na recta final da súa tramitación
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- José Ángel Abraldes, director del CRE de la ONCE: "As novas tecnoloxías tamén adoecen de accesibilidade"
Por Marisa Ciordia |
-
O PSOE pide habilitar un aparcamento disuasorio entre Eduardo Pondal e Doce de Novembro
Por Redacción |
-
A campaña 'No te rindas nunca' da ONCE chega a Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello e a ONCE asinarán un convenio para urbanizar a parcela do colexio
Por Redacción |
-
Barallan varias propostas para o solar ao que renunciou a ONCE
Por Oskar Viéitez |