Pontevedra, primeira visita oficial de Maica Larriba como subdelegada do Goberno
Por Alejandro Espiño
Maica Larriba elixiu o concello de Pontevedra para protagonizar a súa primeira visita oficial como subdelegada do Goberno na provincia.
Así, este martes foi recibida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co que Larriba coincidiu no seu día como concelleira da corporación pontevedresa.
Tratouse dunha visita protocolaria, para presentarse tras a súa incorporación ao cargo.
Ambos os dirixentes aseguraron que tratarán de coordinarse o máximo posible en temas de seguridade cidadá e, a este respecto, avanzaron que ao longo do verán buscarase data para un novo encontro, este xa de traballo.
Será coa celebración dunha xunta local de seguridade para avanzar na coordinación da Policía Local e as demais forzas e corpos de seguridade do Estado.
VISITA DO NOVO DIRECTOR DA ESCOLA NAVAL
Fernández Lores tamén recibiu no seu despacho ao novo comandante director da Escola Naval de Marín, Ignacio Cuartero, que acaba de incorporarse ao centro militar.
Cuartero tamén visitou este martes a Deputación de Pontevedra, onde foi recibido pola súa presidenta, Carmela Silva. Ambos mostráronse orgullosos da evolución da Escola Naval de Marín e o seu compromiso coa sociedade civil da provincia.
Relacionadas:
-
Ignacio Cuartero Lorenzo toma o mando como novo comandante director da Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Maica Larriba ponse ao día no traballo da Policía Nacional e a Garda Civil
Por Redacción |
-
Maica Larriba, subdelegada dun Goberno feminista que buscará "dar visibilidade a esa metade da poboación que parece invisible"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |