A afección pontevedresa ensina músculo na presentación da Fundación Toro de Lidia
Por Marisa Ciordia
Os afeccionados taurinos da cidade de Pontevedra encheron este mércores 24 o aforamento do Liceo Casino onde tivo lugar a presentación do Capítulo provincial da Fundación Toro de Lidia. Unha entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é 'fomentar, conservar, mellorar, defender, promover, divulgar o touro de lida e a tauromaquia'.
Desde a súa creación hai tres anos e tras unha primeira etapa de actividade, agora a fundación está a tecer as súas delegacións nas provincias española. Esta de Pontevedra é a cuarta, tras as creadas en Albacete, Málaga e Salamanca.
Precisamente esta resposta - tanto pola asistencia local como pola dos 'padriños' do sector que se desprazaron ata a capital -, foi agradecida en primeiro lugar desde a Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, promotora da iniciativa, en voz do seu presidente Juan Riveiro: "actos como este, demostran como dicimos, que Pontevedra é taurina".
Nesta mesma liña, Pablo Lozano, en nome da empresa da praza de San Roque agradecía a "demostración de agarimo cara a este bastión que é Pontevedra" e que supoñía a estancia do presidente da fundación, o gandeiro Victorino Martín Andrés, o mestre e actualmente tamén gandeiro César Rincón, e do portavoz da entidade, o xornalista Chapu Apaolaza.
Victorino Martín lembrou na súa intervención que as primeiras accións da fundación foron demandas xudiciais para responder os ataques por diferentes frontes, e entre eles redes sociais, que estaba a recibir o sector tauromáquico: "presentáronse máis de sesenta, case todas se gañaron e o máis importante, sentaron xurisprudencia para o futuro". Nesta fase de traballo, a entidade está a crear estes capítulos provinciais "para explicar á sociedade o que significa o mundo do touro: cultural, ambiental ou economicamente; así como os valores que leva".
O mestre colombiano lembrou "a gratitude coa que sempre me recibiu a afección pontevedresa", argumentando seguidamente porqué "terminouse o tempo do silencio" e toca "exercer o dereito da liberdade" como apelou o portavoz da Fundación, Chapu Apaolaza, rebatendo o discurso animalista dos que reclaman a abolición dos touros "que logo será a doutros animais". Concluía a presentación, José Vicente Martín, que será quen coordine o traballo do Capítulo da fundación nesta provincia.
Relacionadas:
-
RADIO.- Victorino Martin: "Deixamos que a cultura anglosaxona cale e deteriore a nosa imaxe"
Por Marisa Ciordia |
-
Victorino Martín e 'Espartaco' falarán de tauromaquia e da Fundación Toro de Lidia en Pontevedra
Por Redacción |
-
Á espera da terna, os touros de Alcurrucén descansan en currais para abrir a Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: "Prometéronnos unha retransmisión televisiva para o ano que vén"
Por Marisa Ciordia |
-
A Fundación Toro de Lidia presenta o seu Capítulo á afección taurina pontevedresa
Por Marisa Ciordia |
-
Os triunfadores de San Isidro tamén estarán na Feira Taurina da Peregrina
Por Marisa Ciordia | Creada e actualizada
-
RADIO.- Juan del Álamo e Santiago Domecq resultan os máis valorados nas Conversas taurinas de PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |