O Concello recoñece o traballo da SCD Ponte Caldelas coa Escola Deportiva e co equipo feminino
Por Redacción
A Sociedade Cultural e Deportiva de Ponte Caldelas recibiu 25.000 euros do Concello en concepto de subvención municipal anual ao club e moi especialmente polos gastos de funcionamento da escola deportiva comarcal e do equipo feminino.
O alcalde, Andrés Díaz, e o presidente da SCD Ponte Caldelas, Pedro Rodríguez, asinaron o acordo. O Concello mantén así a súa aposta polo club local, nas distintas categorías, ao tempo que premia o bo funcionamento do equipo feminino, creado hai xa dúas temporadas gracias a un apoio municipal. O goberno local caldelán manifesta así o apoio á igualdade no deporte.
Sen embargo, o groso da subvención atende os gastos da escola de fútbol de Ponte Caldelas, que acolle a 300 rapaces de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, polo que goza dun carácter comarcal e suple a inexistencia desta opción formativa nos concellos da contorna.
O goberno municipal destaca tamén o constante impulso dos investimentos no campo de Chan da Barcia, onde este ano vaise proceder á substitución do tapete de herba sintética, cumprindo así cos compromisos co club.
O terreo, un dos primeiros da provincia, contará así cunha superficie homologada cos actuais estándares e cunha vida útil estimada de 20 anos. O investimento previsto está ao redor dos 150.000 euros.
Relacionadas:
-
Adxudicado o novo céspede artificial do campo de fútbol e a pista de pádel de Chan da Barcia
Por Redacción |
-
Licitan as obras do novo céspede artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia
Por Redacción |
-
O Atletismo Rías Baixas impulsa unha nova escola deportiva en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas executará durante este ano un "investimento histórico" de máis dun millón de euros
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas renovará este ano o céspede sintético de Chan da Barcia
Por Redacción |