A subdelegada do Goberno insta aos concellos a poñer en marcha os "puntos morados" en festas e eventos
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba remitiu unha comunicación a todos os concellos da Provincia na que os anima a instaurar os chamados "puntos morados" en festas e eventos.
A subdelegada lembra que segundos datos do Ministerio do Interior, unha muller é violada en España cada 8 horas, o que significa mais de 1.000 mulleres vítimas de este delito, cada ano. A isto hai que sumarlle as situacións de acoso, abuso ou intimidación.
Ao longo do verán e sobre todo no mes de agosto abundan as festas, romarías e eventos de todo tipo, con gran afluencia de persoas. Estas concentracións poden dar lugar a episodios de acoso, intimidación e incluso violencia. De hai que ao longo de todo o Estado se veñan implantado os "puntos morados" como un espazo de denuncia de estes feitos e tamén como lugar de información para as mulleres.
"A pesar dos avances, aínda vivimos nunha sociedade que coloca á muller nunha situación de desigualdade e vulnerabilidade. O meu obxectivo como muller e como subdelegada é axudar a cumprir o compromiso firme do Goberno de España para poñer todos os medios necesarios para erradicar estas condutas machistas", dixo Larriba.
No seu escrito, a subdelegada pídelle aos concellos un esforzo de implicación para evitar a presenza de condutas machistas nas festas e eventos. "Todas as Administracións Publicas teñen que reaccionar ante este tipo de situacións. Canto maior sexa a colaboración, mellor poderemos enfrontarnos, loitar e erradicar estas actitudes intolerables" afirmou a subdelegada do Goberno en Pontevedra.
O "punto morado" está deseñado como un espazo onde persoas voluntarias con formación especifica informarán, concienciarán e acompañarán as posibles vítimas de abuso, acoso, intimidación ou agresión, en coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
O obxectivo é conseguir unhas festas e eventos igualitarios para todas as persoas, nas que as mulleres se sintan cómodas e seguras. Neste sentido, a subdelegada lembra que o concello de Cambados xa decidiu implantar os Puntos Morados na vindeira Festa do Albariño. "Creemos que ese é o camiño", dixo.
"Estou segura de que haberá unha gran implicación por parte dos concellos, polo que xa adianto o meu agradecemento pola súa sensibilidade" finalizou dicindo Maica Larriba.
Relacionadas:
-
Refuxio morado contra as agresións sexuais e machistas durante as festas da Peregrina
Por Natalia Puga |
-
Ponte Caldelas dá comezo ás Festas das Dores rexeitando calquera expresión de violencia machista
Por Redacción |
-
En Poio, se non é SI, tamén é NON
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra garda silencio contra o crime machista de Cabana de Bergantiños
Por Natalia Puga & Paula Sanmartín |
-
Nas festas "non te pases nin un pelo, tío"
Por Alejandro Espiño |
-
A Festa do Albariño chega disposta a saciar a sede durante a vaga de calor deste inicio de agosto
Por Redacción |
-
Cambados xa conta as horas para o inicio da Festa do Albariño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |