Amigos de Galicia necesita 47 millóns de tapóns na súa campaña máis ambiciosa
Por Redacción
A Fundación Amigos de Galicia e Amencer- Aspace presentaron este venres unha nova campaña de tapóns solidarios, a máis ambiciosa da Fundación ata o momento, que pretende conseguir 47.782.453 unidades de tapóns para prover ao centro Amencer- Aspace en Pontevedra dun programa Spidersuit de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuromotores.
O Spidersuit é un programa personalizado de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuro-motores que inclúe cinco traxes distintos, poleas e o sistema de unidade de exercicios universal. O traxe Spidersuit baséase nun dos primeiros modelos de traxe espacial cuxa función era combater a perda de ton muscular de astronautas en gravidade cero, de modo que ambas as entidades decidiron poñer o nome á campaña de ' Traxes de Superheroes" dada a similitude do Spidersuit con traxes que lembran aos de superheroes.
A subdirectora de Amigos de Galicia, Noelia Romeu; e a xerente de Amencer- Aspace, Mónica Touriño, presentaron este venres a iniciativa no centro de Amencer- Aspace en Pontevedra e explicaron que o obxectivo é "moito máis ambicioso que as campañas de tapóns que adoitamos levar desde a entidade".
Coa adquisición deste programa, Amencer- Aspace atenderá as demandas dos menores do seu centro e tamén dos derivados pola Fundación Amigos de Galicia que necesitan este tratamento, previa valoración do persoal técnico da entidade, sen ningún custo para os usuarios nin para a entidade.
Segundo explican desde a Fundación, "trátase dunha solución a longo prazo, xa que nos evitaremos que nenos como Álex, de Vigo, para o que realizamos unha campaña de tapóns anual para pagar este tratamento, non necesite estas campañas". Ademais, tamén se aforrarán o gasto que lles supoñía o pago do piso aluguer para estas familias, ao non haber na zona ningún centro que ofrecese este tratamento.
O programa Spidersuit está previsto de cinco traxes distintos - con cinco tallas para garantir o acceso a todos os menores- poleas e o sistema de Unidade de Exercicios Universal; e ten un custo de 12.537,67 euros, que serán custeados por Fundación Amigos de Galicia mediante esta campaña de recollida de tapóns de plástico.
Os establecementos colaboradores como puntos de recollida de tapóns estarán dispoñibles na páxina web da entidade. Os Centros Amencer- Aspace de Pontevedra e Princesa Leticia de Vilagarcía de Arousa converteranse a partir de setembro (coa apertura do novo curso) en centros de recollida de tapóns.
Relacionadas:
-
Os tapóns que converten aos nenos en superheroes
Por Alejandro Espiño |
-
Amigos de Galicia deixa 'pegada' contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Moraña e A Lama axudan ás familias con dificultades económicas da man da Fundación Amigos de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Somos Ponte Caldelas e a Garda Civil, aliados da campaña de recollida de tapóns de Amigos de Galicia
Por Redacción |