Inician unha nova escavación arqueolóxica no castro da Subidá
Por Redacción
As escavacións volveron ao castro da Subidá, en Marín, cunha nova actuación promovida polo Concello de Marín.
Os obxectivos céntranse solucionar os problemas de conservación do celeiro escavado e consolidado o pasado ano, e continuar avanzando no coñecemento desta aldea da idade do Hierro. Ademais preténdese ampliar a superficie exposta ao público.
A canle de control e drenaxe de augas pluviais coa que conta unha das construcións descubertas atópase danado pola acción das raíces das árbores, polo que se cortou un piñeiro de importantes dimensións que crecera sobre o muro para despois proceder a retirar o toco da árbore e consolidar a estrutura.
Ao final da actuación poderase contemplar en toda a súa extensión este celeiro, un lugar onde os habitantes do castro almacenaban trigo, cebada, landras e outros alimentos que formaban parte da súa dieta. A escavación tamén está a rexistrar unha canteira tradicional de granito, que alterou no seu momento o xacemento arqueolóxico.