Rafa Domínguez asegura que o "boicot" de Pontevedra ao Plan de Transporte débese a "intereses políticos"
Por Diego Espiño
O Partido Popular de Pontevedra denunciou este sábado o que entende como "boicot" do Concello ao Plan de Transporte Metropolitano que impulsa a Xunta de Galicia, tras o plantón do goberno local á reunión convocada esta semana pola consellería.
"Todas las excusas que están poniendo es para oponerse a un plan que es curioso que le valga a todos los ayuntamientos y concellos de los alrededores y a Pontevedra no", asegurou o responsable do PP local, Rafa Domínguez.
O edil popular acusou ademais o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, de defender "intereses personales y políticos en vez de defender los intereses de los pontevedreses".
Na súa comparecencia Domínguez recalcou as vantaxes ás que non poderán acceder os pontevedreses sen Plan Metropolitano, como as viaxes gratuítas para menores de 19 anos, os transbordos sen custo engadido ou o aforro de "hasta el 70%" no billete para os viaxeiros recorrentes.
Así, como exemplo, explicaron o custo que tería viaxar de Tomeza a Montecelo (2,60 euros na actualidade e 0,86 euros no futuro plan) ou á Estación de Autobuses (1,45 euros hoxe en día e 0,86 euros no plan), lugar escollido para comparecer ante os medios de comunicación.
"No quiero sólo un modelo de ciudad, quiero un proyecto de ciudad en el que los pontevedreses puedan viajar en autobús de forma muy barata", reiterou o portavoz popular antes de sinalar o investimento das outras cidades galegas en transporte colectivo (A Coruña 12 millóns de euros, Santiago 5 millóns, Ourense 6,9 millóns, Lugo 2,2 millóns e Vigo 15 millóns) fronte aos "85.000 euros al año" que inviste Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PP esixe retomar as negociacións coa Xunta polo transporte metropolitano
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reunirase semanalmente con afiliados do PP para compartir ideas e opinións
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez advirte que sen Pontevedra o plan de transporte metropolitano "non ten sentido"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello plantará á Xunta nunha reunión sobre o plan de transporte pola súa "improvisación"
Por Natalia Puga |