Dez anos de Gala Hípica en Campañó
Por Redacción
O hipódromo de Campañó vestiu de gala este domingo para gozar do décimo aniversario da Gala Hípica Virxe Peregrina.
Xinetes de toda Galicia e tamén de Portugal asistiron á cita para participar no Concurso Morfolóxico de Cabalos, de categoría rexional para cabalos de pura raza árabe e pura raza española.
Ademais do concurso, no tomaron parte ao redor de 70 animais, a programación incluía en horario de tarde unha xincana na que os participantes debían mostrar a súa destreza e velocidade.
A xornada cabalar completouse na comarca cunha ruta simultánea organizada no monte Castrove cun percorrido de 25 quilómetros que tiña saída e chegada en Campañó.