Montalvo acolle esta fin de semana a XIX Feira Gastronómica de Produtos Galegos
Por Redacción
A Asociación Cultural San Cayetano de Arra, en colaboración co Concello de Sanxenxo, organiza para esta fin de semana a XIX Feira Gastronómica de Produtos Galegos, en Montalvo.
Desde a asociación, xa teñen todo listo para que arranque esta nova cita, con varias exposicións de artesanía galega e casetas de produtos tradicionais como mel, licores, queixos, doces e viños.
O inicio da festa prevese para as 12.30 horas do venres coa apertura de casetas de degustación e as exposicións. Pola tarde as casetas volverán abrir ás 20.00 horas acompañando a xornada música dun cantautor.
Será o sábado cando, a partir das 12.30 horas, póidase gozar outra vez das casetas e á 13.00 horas celebrarase unha misa cantada na capela de Arra, con música e baile a cargo dun grupo de gaitas.
Ás 13.30 horas terá lugar a presentación do libro "O Pai Sarmiento viaxeiro" de Marcelino Agís. E a continuación, actuará o grupo Airiños de Vigo.
A noite de sábado continua co V Serán dos Loureiros, a partir das 23.00 horas, no que todos os grupos participantes estarán convidados a un aperitivo e os 10 primeiros en anotarse, ademais, terán un agasallo especial. Para terminar a noite farase unha queimada, gratuíta para os asistentes.
O domingo, último día da feira, as casetas abrirán á mesma hora que o venres e o sábado, ás 12.30 horas e a mañá terminará III Certame de Pintura Rápida "Arra como Antiga Parroquia", para poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural de Arra con obras serán realizadas in situ. A organización facilitará aos participantes un plano do lugar para que comuniquen o punto no que vaian realizar a súa obra, para poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma.
Pola tarde, a partir das 20.00 horas poderase gozar das casetas de degustación e ás 21.00 horas haberá outra actuación do grupo Soalleira. Será ás 00.00 horas cando a feira se dea por finalizada.
Desde o Concello quérese "felicitar publicamente" á Asociación Cultural San Cayetano de Arra "por todo o traballo e esforzo que realizan ano tras ano para facer que esta edición da feira sexa posible".