Unha campaña audiovisual para achegarse á problemática do abandono animal "con outros ollos"
Por Natalia Puga
Tan só na provincia de Pontevedra contabilízanse unha media de oito abandonos de cans ao día. Deles, tan só no primeiro semestre de 2018 un total de 1.128 chegaron ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación procedentes dos 48 municipios da provincia, xerando unha situación na que nas instalacións de Armenteira hai unha media de 600 animais.
Ante esta situación, e á vista de que se constatou que as adopcións "avanzan ano a ano", pero os abandonos "seguen sendo constantes", a Deputación Provincial acaba de poñer en marcha unha nova campaña centrada na sensibilización en contra do abandono de animais.
Baixo o lema 'Abre os ollos fronte ao abandono', elaboraron unha peza audiovisual que se divulgará a través dos medios de comunicación e nas redes sociais e a páxina web da institución co obxectivo de chegar ao máximo número de persoas posibles e a un "segmento poboacioal máis amplo".
A deputada provincial delegada do CAAN, Eva Vilaverde, presentou este luns o vídeo e explicou que o seu obxectivo é que a mensaxe chegue "de maneira máis clara, directa e impactante" e que a problemática do abandono empece a verse "con outros ollos".
"Con outros ollos e de maneira máis próxima", engadiu Vilaverde, que avanzou que se emitirá durante todo o mes de agosto, unha época especialmente delicada neste asunto porque tradicionalmente os abandonos aumentan no verán coincidindo coas vacacións dos donos de mascotas.
José Luis Pedreira, técnico de CAAN, destacou que "moitas veces pensamos no abandono como un problema illado", pero en realidade é un "problema social" que deriva de prácticas asimiladas por toda a poboación e que "todos podemos ter en momentos determinados dás nosas vidas".
Relacionadas:
-
Atopan unha caixa con cachorros abandonados na zona de Castiñeiras
Por Redacción |
-
RADIO.- Podcans plantexa a teoría da dominancia na educación canina
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Podcans', o programa onde os cans son os protagonistas
Por Redacción |
-
A Deputación ampliará a canceira provincial para acadar un maior benestar dos animais
Por Redacción |
-
A empresa pública Tragsatec seguirá xestionando a canceira provincial ata 2019
Por Oskar Viéitez |
-
O CAAN recuperou 900 cans na provincia durante este ano
Por Redacción |
-
A canceira provincial atende unha media anual de 50 animais maltratados
Por Oskar Viéitez |