O Concello de Marín e a Universidade de Vigo estudan vías de colaboración
Por Redacción
Este martes o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, visitou o Concello de Marín acompañado de José María Martín vicerreitor de asuntos económicos, o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado Manuel Ramos e o vicerreitor do vampus de Pontevedra Jorge Soto.
Todos eles foron recibidos pola alcaldesa María Ramallo e o concelleiro de urbanismo e facenda, Manuel Santos.
Durante a visita de presentación falaron fundamentalmente do Centro Universtario da Defensa situado na Escola Naval Militar e da súa intención de seguir impulsándoo para que sexa un referente dentro das peculiaridades do Campus.
O Centro Universitario para a Defensa imparte o grao de Enxeñería Industrial na súa rama Mecánica e en consecuencia forma aos futuros oficiais da Armada nos coñecementos e contidos que requiren a consecución desta titulación.
Segundo trasladou a alcaldesa, o encontro foi "moi clarificador" e o Concello de Marín ofreceu a súa "colaboración total" coa institución académica.