Cuntis cambiará por LED toda a iluminación do campo das Canteiras
Por Redacción
O Concello de Cuntis acometerá a mellora da iluminación do campo de fútbol das Canteiras, unha actuación valorada en 39.131 euros que consistirá no cambio dos proxectores actuais por outros con tecnoloxía LED.
Segundo informou o goberno municipal, para esta actuación a Xunta concedeulles unha subvención de 31.305 euros, o 80% do custe total, a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Para a substitución da iluminación non será necesaria intervención a maiores na instalación eléctrica nin a realización de obra civil algunha.
O obxectivo desta actuación, apuntan desde o Concello, é diminuír o consumo eléctrico co emprego de iluminación de alta eficiencia, a mellora da eficiencia enerxética e reducir os custos de mantemento, debido á longa vida útil desta tecnoloxía empregada.
Relacionadas:
-
O campo de fútbol de As Canteiras, en Cuntis, mellora a súa iluminación
Por Redacción |
-
Cuntis renova as luminarias na rúa do Convento
Por Oskar Viéitez |
-
Maica Larriba coñece o novo alumeado eficiente que financiou o Goberno en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis renovará o alumeado público no rural
Por Redacción |
-
Cuntis mellora o alumeado das rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González para reducir o consumo
Por Redacción |