Louzán declara dúas casas, locais comerciais e viñedos
Por Oskar Viéitez
O Boletín oficial da provincia deste luns 13 de maio publica as declaracións patrimoniais dos 27 deputados provinciais. Os dezasete corporativos do PP e os seis do PSOE axústanse ao modelo consensuado na xunta de voceiros pero os catro do BNG optan por unha declaración xurada.
Entre as declaracións de bens e patrimonio "voluntarias" e certificadas polo secretario da institución provincial a que máis expectación causaba é a do presidente Rafael Louzán Abal.
- Rafael Louzán Abal (PP), presidente de la Deputación
Declara unha vivenda unifamiliar por un valor catastral de 152.197 euros, un apartamento por 26.353 euros, locais comerciais por 24.931 euros, dúas leiras rústicas destinadas a viñedo por 18.136 e 18.442 euros e outra finca en proceso de concentración parcelaria por 31.712 euros "Todos estes bens están situados na provincia de Pontevedra", fai constar na súa declaración.
De saldo en contas bancarias dispón de 39.874 euros. Ademais declara 50 accións do Celta de Vigo e 12 do Pontevedra CF SAD.
Como vehículos ten un Audi valorado fiscalmente en 20.034 euros, un Citroen por 14.196 e unha moto Piaggio por 860 euros. Como "Outros bens" declara unha praza de garaxe en réxime de concesión administrativa por 9.233 e achegas á Fundación Rías do Sur e á Fundación Monte Castrove.
E finalmente declara préstamos hipotecario cun saldo deudor de 164.724 euros.
- Pablo Baquero Álvarez, (PP) concelleiro de Tomiño
Declara no seu patrimonio inmobiliario unha vivenda en Tomiño cun valor catastral de 105.000 euros e varias leiras rústicas por 8.990 euros. Ten unha conta bancaria en La Caixa con 6.000 euros e un plan de pensións Plancaixa por 2.018,72 euros. Declara dous vehículos un Daewo Takuma do ano 2000 un Daewo Matiz, do ano 2001. Ten ademais un préstamo hipotecario por 91.357 euros.
- José María Bello Maneiro (PP), alcalde de Valga
Declara no seu patrimonio inmobiliario dúas vivendas unifamiliares, unha por herdanza cun valor catastral de 50.001 euros e outra comprada no ano 1987 da que é titular do 50% cun valor de 99.051 euros. Ademais é propietario da metade dunha vivenda con local comercial comprada no ano 2006 por 100.000 euros. Ten ademais a metade de dúas prazas de garaxe por valor de 3.485 e 2.850 euros.
Engade a este listado cinco leiras rústicas por valor de 418 euros e nomea sen valoración económica a propiedade dun comercio menor. Ten ademais 3.766 euros de saldo en contas bancarias e 22.838 euros investidos nun plan de pensións. ÿ propietario dun Volkswagen Passat 1.9 TDI e ten contraído un préstamo por 21.291 euros.
- José Crespo Iglesias (PP), alcalde de Lalín
ÿ propietario dunha casa vivenda con leira cun valor catastral de 317.109,52 euros. No seu patrimonio mobiliario declara varios depósitos a prazo fixo en varias entidades cun saldo de 86.105 euros. Depósitos en contas correntes por 12.833,78 e en efectivo 2.500. Ten ademais un plan de pensións no BBVA por 116.231,13 euros e dous seguros nos que leva aportado 23.706,51 euros e 29.030,52 euros.
Ademais é titular de 16 títulos de Bankia cun saldo total de 246,72 euros. E é propietario dun Audi A6 valorado en 4.320 euros e unha moto 883 Hugger de 21 anos. Non declara nin cargas nin préstamos.
- Begoña Estévez Bernárdez (PP), concelleira de Vilaboa
Ten unha vivenda unifamiliar en Marín por 96.000 euros e herdou a metade dun piso neste mesmo municipio, valorado en 36.167,68 euros. Ademais ten unha leira cun valor catastral de 15.000 euros. Dispón de 38.500 euros de saldo en contas bancarias e correspóndelle pola partición dunha herdanza 34.248 euros. Ten un plan de pensións por 8.000 euros e o 24,5% de accións nunha sociedade mercantil correspondente á partición dunha herdanza. O seu vehiculo é un Audi A3 valorado en 14.472 euros. Ten contraido un préstamo hipotecario por 110.000 euros e outro para financiar o coche por 7.000 euros.
- José Manuel Figueroa Vila (PP), concelleiro de Vigo
ÿ propietario dunha vivenda cun valor catastral de 144.067 euros. Ten de saldo nas súas contas bancarias 315.190 euros, un plan de pensións por 16.990 euros e 30 accións do Celta de Vigo. Ademais ten un Audi A3 do ano 1997. Finalmente declara un préstamo hipotecario por 102.460 euros.
- Arturo Grandal Vaqueiro (PP), alcalde de Salvaterra de Miño
Declara un patrimonio inmobiliario por compra valorado catastralmente en 125.120 euros, e por herdanza 207.045 euros. Dispón de 185.194 euros de saldo en contas bancarias e dun Plan de pensións cunha renda mensual de 406 euros. En accións declara 6.000 euros e o valor do seu coche é de 19.000. recibiu por herdanza 3.100 euros.
- Fernando Guitián Guitián (PP), alcalde de Gondomar
Declara unha vivenda cun valor catastral de 111.034,25 euros e outros elementos patrimoniais sen concretar que teñen un valor estimado en 18.000 euros. Dispón de 15.000 euros de saldo en contas correntes e o 62% dunha sociedade de ingeniería e o 25% doutra sociedade mercantil. Conta cun Mercés Benz do ano 2004. E como cargas declara un préstamo cun saldo pendente de 9.750 euros.
- Marta Iglesias Bueno (PP), concelleira de Vigo
Ten dous inmobles en propiedade cuns valores catastrais de 40.303,93 e de 26.941,57 euros. Declara dúas contas bancarias cun saldo total de 2.305 euros e un plan de pensións de 979 euros. Como vehículos un Peugeot 308. Entre as súas cargas figuran tres préstamos, dous de tipo hipotecario por 255.813,34 euros e de 16.424,29 euros. Ademais dun préstamo de carácter persoal por 3.674 euros.
- José López Campos (PP), alcalde da Estrada
Declara no seu patrimonio unha casa con leira herdada na Estrada cun valor catastral de 24.220,92 euros, un piso por 54.915,71 euros e o 40% doutro piso por 28.864,94 euros. De saldo nas súas contas bancarias dispón de 30.000 euros e ten nun plan de pensións 65.000 euros. ÿ titular de accións por 8.000 euros e o seu vehículo particular está valorado en 23.000 euros. Ten finalmente dous préstamos hipotecarios por 38.600 e por 73.600 euros.
- José Luís Pérez Estévez (PP), alcalde de Meis
No seu patrimonio declara unha vivenda en Seixo por 91.579,75 euros, e dous solares en Meis por 613,27 e 4.660,44 euros, ademais dunha parcela por 894,83 euros. Ten de saldo en contas bancarias 3.460,39 euros e dous préstamos contraidos por 51.526,64 euros e 12.684,50 euros.
- María Pilar Ramallo Vázquez (PP), alcaldesa de Marín
Declara unha leira urbana cun valor catastral de 17.879,58 euros. E 7.911,34 euros en contas bancarias. Ten un plan de pensións por 10.871,05 euros e na mutualidade da avogacía 2.095,85 euros. O seu coche é un Lancia Ypsilon. Declara como cargas un préstamo hipotecario por 139.382,63 euros e outro persoal por 14.972,42 euros.
- Severino Reguera Varela (PP), concelleiro de Pazos de Borbén
Detalla no seu patrimonio inmobiliario cupos hereditarios por dous terreos: 4.850 e 479 euros, e unha vivenda rústica 27.285,66. Declara unha vivenda rústica por 80.000 euros, e tres locais comerciais por 69.241,04 por 19.785,85 e 25.676,05 euros. E dispón de 15.246,25 euros de saldo en contas bancarias. Finalmente ha constar un Plan de pensións cun capital acumulado de 4.500 euros.
Ten participacións nunha industria de pastelería e panadería, valorada en 60.000 euros, a metade dunha panificadora 9.000 euros e o 20% dunha sociedade de investimentos 104.150 euros. O seu coche é un Nissan 350. Como cargas declara dous préstamos por 69.909,78 e 128.286,17 euros.
- José Nelson Santos Argibay (PP), alcalde de Porriño
Declara unha vivenda en gananciais en Mos por 23.047,36 euros, o 50% de piso en O Porriño por 16.427,70 e unha leira sen valor catastral. Un local comercial por 11.198,30 un piso en Panxón (Nigrán) 52.625 euros. Como saldo nunha conta corrente ten 4.554,45 euros. Un plan de pensións en La Caixa por 209.000. E dous vehículos Audi A4 por 4.000 euros e un Dodge Caliber por 6.000 euros. Entre as cargas atópanse dous prestamos hipotecarios con La Caixa, por 92.537,23 e 32.870,11 euros.
- Alberto Valverde Pérez (PP), alcalde de Nigrán
Declara o 50% por unha vivenda unifamiliar cun valor catastral de 20.200 euros. O seu saldo en contas bancarias correntes é de 8.300 euros, dous plans de pensións no Banco Popular por 4.014 e 3.100 euros. En aciones do Banco Popular 200 euros e en obrigacións subordinadas do Banco Popular por 2.100 euros. Declara un Audi A4 2.5 TDI. Préstamo hipotecario no Banco Popular sobre vivenda unifamiliar que ten pendente de pagar 156.569,97 euros.
- Jesús Vázquez Almuiña (PP), alcalde de Baiona
No seu patrimonio inmobiliario declara a metade dun piso cun valor catastral de 66.405,31 euros, por títulos de herdanza declara: o 45% de 108.871,04 euros, o 15% de 108.871,04 euros, un 15% de 56.053 euros, ademais o 15% de dúas prazas de garaxe cun valor catastrl 5.600 euros, 15% de dúas leiras por 90.000 euros e o 15% dunha leira de monte por 28.000 euros.
O saldo medio das súas contas bancarias é de 14.940 euros. Ten un plan de pensións por valor de 23.782,12 euros. Declara ser titular da metade de dous vehículos, un Opel Zafra e un Renault Clio. Finalmente declara un préstamo hipotecario pendente de pago de 5.714 euros e outro persoal de 7.448,96 euros.
- Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), concelleira de Pontevedra
Declara a metade dun apartamento con valor catastral de 32.052,30 euros. Nas súas contas bancarias ten un saldo de 23.828,50 e un plan de pensións de 8.219,18 euros. ÿ propietario dun Kia Ceed. Ten un préstamo hipotecario de 71.894,35 euros.
- Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE), concelleiro de Marín
Declara no seu patrimonio unha vivenda en réxime de gananciais por 27.035,91 euros e un garaxe, en gananciais, por 3.201,80 euros. De saldo en contas bancarias ten dúas contas correntes en gananciais, unha no Banco Popular por 7.394,89 e unha en NovaGalicia Banco con 856,47 euros. Un plan de pensións en BBVA por 2.800 euros. Ten un Volvo XC60 valorado en 34.100 euros. Como carga declara unha hipoteca en réxime de gananciais no Banco Popular por 74.985,41 euros.
- Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), concelleira en Vigo
Declara en propiedade a mital da súa vivenda habitual, cun valor catastral de 67.787,73 euros. E é titular de dúas contas bancarias, unha en NovaGalicia Banco por 25.051,89 e outra no Banco Caixa Geral con 6.500 euros. Ten un coche modelo Citroen C-2 e declara unha herdanza paterna consistente nunha leira de natureza rústica. Nas súas cargas inclúe o 50% dunha hipoteca de 147.503,83 (pendente de pago 32.421,97).
- Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), concelleiro de Vigo
Declara no seu partimonio o 50% de dúas vivendas, unha en Vigo por 29.078,87 euros e outra en Bueu por 5.227,78 euros. Ten a metade de tres contas correntes por 17.965 euros, por 7.187 e 3.722 euros. Ten o 50% de 16 accións no BBVA por 120 euros. E declara o 50% de dous coches, un Opel Astra e un Peugeot 407.
- Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), concelleiro de Redondela
Declara ser propietario da metade dunha vivenda en Redondela por un valor catastral de 73.467,87, a metade dunha praza de garaxe 6.187,61 e a metade dun trasteiro 2.781,59. Ten ademais unha conta en NovaGalicia Banco por 16.561 euros e un seguro de vida individual por 8.184,71 euros. Ten dous vehículos, un Golf Variant e un Polo 1.4. Como cargas declara un préstamo en NovaGalicia Banco por 13.144,44 euros.
- Juan González Pérez (PSdeG-PSOE), concelleiro de Nigrán
Non declara propiedades. Tan só dúas contas bancarias na Caixa con 6.040 euros e NovaGalicia Banco con 20.370 euros. Xunto a un plan de pensións nesta última entidade por 9.084 euros. Ten dous coches: un Renault Megane e un Citroen C4. E dispón dun préstamo en Novagalicia Banco por 9.128,48 euros.
- José Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), concelleiro do Grove
ÿ propietario da metade dunha vivenda unifamiliar cun valor catastral de 48.611,50 euros. Ten dúas contas no banco, unha corrente con 3.890 euros e outra a prazo, por 4.500 euros. Ademais ten 11.775 euros en accións. O seu vehículo é un Peugeot 407 do ano 2006. E ten como carga a metade dunha hipoteca cun saldo pendente de 37.496,51 euros.
NO BNG OPTARON POR PRESENTAR UNHA DECLARACION XURADA
Os catro deputados do BNG, pola súa banda, optaron por presentar unha declaración xurada con valor de documento público para dotar de valor a declaración voluntaria, xa que esta fórmula conleva responsabilidades penais no caso de que se constate algunha falsidade no recollido no documento.
- Ornela Fernández Salgado (BNG), concelleira de Vilaboa
O seu salario neto é de 13.500 euros ao ano. A súa única propiedade é un Renault Clío e unha conta de aforros cun saldo actual de 13.125,09 euros.
- Césareo Mosquera Lorenzo (BNG), concelleiro de Pontevedra
Ten un salario de 29.500 euros anuais e é titular de leiras rústicas valoradas en 44.000 euros. Asegura que en toda a súa vida, "a parte do meu salario (único ingreso que tiven nunca) o que aforro cada mes, estivo e está entre 30 e 40%; con este feito debería ter como patrimonio por valor actualizado comprendido entre 327.000 e 436.000 euros", declara.
César Mosquera detalla que "dende 1979 tiven sempre coches de segunda mano para minorar os gastos" e o valor das súas propiedades é o do valor de mercado dos bens, saldos en conta, hipotecas e débedas está sobre os 176.000 euros.
De xeito que o concelleiro nacionalista comprométese "a vender todo o meu patrimonio polo valor que aparece neste documento, sempre que a oferta sexa dentro do prazo de dous meses a partires desta data". O documento, de tres páginas, é unha declaración xurada do concelleiro pontevedrés.
- Uxío Benítez Fernández (BNG), concelleiro de Tui
Cobra un salario neto de 24.730,62 euros ao ano. Declara non dispoñer de patrimonio inmobiliario en propiedade. Ten na súa conta corrente 1.994,49 euros e un plan de pensións por importe de 3.328,29 euros. Ten un Citroen C4 e un préstamo para o financiamento dun sofá.
- Iolanda Veloso Ríos (BNG), concelleira de Vigo
Declara ser propietaria do 50% dun piso en Vigo sen detallar en valor, do 50% dun vehículo de gama media, sen especificar máis. "O meu saldo na conta bancaria é o que me queda logo de facer os pagos das facturas e de pagar as terapias do meu fillo, cunha discapacidade recoñecida do 34% pero que non recibe ningún tipo de axuda nin terapia por parte dos servizos públicos"
Relacionadas:
-
Louzán declara ante o fiscal sobre o seu patrimonio pola denuncia dun particular
Por Redacción | Creada e actualizada