A Festa do Albariño chega disposta a saciar a sede durante a vaga de calor deste inicio de agosto
Por Redacción
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas espera distribuír ao redor de 35.000 copas durante a celebración da LXVI Festa do Albariño de Cambados, que se inauguraba oficialmente este mércores no Paseo da Calzada.
44 adegas teñen presenza neste evento nas 42 casetas instaladas no céntrico paseo polo que miles de persoas citaranse co viño albariño durante unhas xornadas marcadas por altas temperaturas nun arranque do mes de agosto que virá acompañado por unha onda de calor. Un dato que destacou a alcaldesa, Fátima Abal, durante a inauguración esperando un gran ambiente durante os próximos días de celebración da festa de interese turístico galego e nacional.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que
Ao acto asistiu tamén a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que destacaba a proxección nacional e internacional desta cita. Tamén o presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, quixo referirse ao traballo desenvolvido por miles de viticultores e adegas para mellorar a materia prima e elaborar viños cada vez de maior calidade.
A oferta de actividades prolóngase ata o domingo 5 de agosto, coa posta en marcha do VIII Túnel do Viño Rías Baixas e as V Catas Temáticas organizadas no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados. Inaugurarase este xoves ás 13.00 horas coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Neste espazo, os visitantes poderán degustar 161 marcas de 60 adegas da D.O. Rías Baixas por un prezo de 15 euros. Ao mesmo tempo, once adegas protagonizarán 12 catas temáticas, que terán lugar desde o xoves ata o domingo. A organización agarda un récord de visitas superando as
Relacionadas:
-
Unha cambadesa necesita 80.000 euros para tratar a súa atrofia muscular espiñal atípica en Corea
Por María José Pita |
-
A Festa do Albariño de Cambados, recoñecida como de Interese Turístico Internacional
Por Redacción |
-
Vaga de calor, fin de semana con máis festas do ano e praias cheas... o atasco está servido
Por Redacción |
-
O Albariño de Cambados, máis preto de ser Festa de Interese Turístico Internacional
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A subdelegada do Goberno insta aos concellos a poñer en marcha os "puntos morados" en festas e eventos
Por Redacción |
-
Cambados xa conta as horas para o inicio da Festa do Albariño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os viños de Rías Baixas manteñen a súa aposta pola internacionalización con 103 adegas vendendo ao exterior
Por Redacción |
-
A Xunta e o Concello de Cambados asinan o convenio para a celebración da 66 edición da Festa do Albariño
Por Redacción |