Marín achaca o aumento da reciclaxe no municipio aos novos contedores
Por Redacción
O goberno municipal de Marín está moi satisfeito co rendemento que deron os novos contedores de carga lateral instalados pola nova concesionaria do servizo de recollida de lixos hai seis meses.
Os veciños de Marín, destacan desde o Concello, fóronse familiarizando cos novos contedores para depositar os seus residuos. En concreto, instaláronse uns 405 contedores para resto, 380 para envases lixeiros e 283 para papel e cartón.
A implantación deste sistema permitiu, segundo os datos achegados pola empresa Recolte, un aumento na taxa de reciclaxe e un impacto favorable en materia de sustentabilidade ambiental.
Os novos contedores están deseñados para maximizar as vantaxes do sistema de recollida con camións de carga lateral, máis eficientes e rápidos e permiten polo seu deseño a súa integración total na contorna urbana, facilitando a reciclaxe e apostando polo desenvolvemento sustentable das cidades.
Están fabricados en España mediante sistema de inxección de polietileno de alta densidade con maquinaria e moldes de última xeración e materiais reciclables que non danan o medio ambiente.
Esta técnica de inxección permite fabricar os contedores con cores estables, resistencia fronte á corrosión, superficies lisas non porosas o que facilita a súa limpeza, absorción de impactos producidos durante o seu uso sen deformacións nin roturas, baixa emisión sonora ou menor pegada de carbono producida na súa fabricación e transporte.
Relacionadas:
-
Marín aproba con nota na recollida selectiva de lixo, agás nos voluminosos
Por Redacción |
-
A recollida de lixo en Marín, de novo nas mans de Urbaser
Por Redacción |
-
O Goberno local de Marín valora positivamente o primeiro ano de Recolte como adxudicataria do servizo do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Adeus aos contedores de lixo soterrados na rúa Almuíña
Por Redacción |
-
Marín estreará en dous meses o novo sistema de colectores de lixo
Por Redacción |