Red Mediaria achega solucións aos autónomos para afrontar imprevistos
Red Mediaria vén de asinar un acordo coa Compañía SURNE para ofrecer un pack de seguros especiais para autónomos.
Deste xeito, dáse resposta a unha das grandes preocupacións dos traballadores autónomos: como manter o mesmo nivel de vida en caso de imprevistos?
Entre as situacións sobrevidas máis habituais, atópanse os accidentes e as baixas. Para estes casos, e tamén para a xubilación, Red Mediaria Pontevedra presenta o paquete de seguros Autónomo Power, froito do convenio con SURNE.
O Plan Autónomo Power ofrece cobertura de seguro de vida, accidentes, baixa diaria e de dependencia totalmente configurables para ter cubertas tamén, se se desexa, as prestacións de viuvez, orfandade ou incapacidade absoluta e permanente. Ademais, facilita o aforro a través de plans personalizados e de pensións.
Dende Red Mediaria inciden na importancia do Plan Autónomo Power cun dato: o 85 % dos autónomos en España cotiza pola base mínima, o que se traduce nunha xubilación de so 788 euros ao mes, a metade se é pensión de viuvez e 433 euros en caso de incapacidade. Unhas cifras coas que dificilmente se pode manter o mesmo nivel de vida e, por iso, para cada caso, Red Mediaria en colaboración con SURNE deseña unha combinación de produtos e prestacións a medida.
Marisa Vidal, xerente de Red Mediaria Pontevedra, anima a todos os autónomos a informarse na súa correduría de seguros da Praza da Estrela, no emblemático edificio da Cafetería Carabela, en pleno corazón da cidade de Pontevedra ou a través da web.