O PSOE alerta do abandono e da presenza de ratas na contorna do barrio de Fontesanta
Por Redacción
O portavoz do grupo municipal do PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, expresou a súa preocupación polo estado de abandono do barrio de Fontesanta e denuncia a falta de xestión do goberno local do BNG tanto nas parroquias como nos barrios da cidade.
Representantes socialistas sinalan que no camiño das Estrigueiras, que bordea Fontesanta, é fácil ver ratas á luz do día. Lamentan o estado de abandono das zonas verdes desta contorna, causante da presenza de bichería, que xera preocupación entre a veciñanza.
Alertan sobre as malas condicións en que se atopa o muro perimetral e denuncian que o goberno local non atende as denuncias dos veciños sobre o estado de perigo que presenta. Os socialistas sinalan que a policía local precintou ese espazo no seu momento pero ese precinto desapareceu sen que se ofrecese unha solución.
A estas queixas recollidas polo PSOE nesta zona, súmanse as protestas pola falta dunha limpeza viaria adecuada, con maleza crecendo en diferentes espazos.
Ademais, os socialistas reclaman prazas de aparcadoiro para persoas con discapacidade debido a que algúns condutores empregan os aparcadoiros do centro de día, causando problemas a aquelas persoas que van recoller aos usuarios deste centro.
Relacionadas:
-
Piden máis vixilancia para evitar a acumulación de lixo na zona de Fontesanta
Por Redacción |
-
O PSOE urxe medidas especiais para acabar cunha praga de ratas
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción |
-
Veciños de Fontesanta critican deixamento na limpeza e a recollida de lixo na zona
Por Redacción |
-
120.000 euros para cambiar integralmente o aspecto da rúa Fontesanta
Por Redacción |