O contrato da auga, paralizado polo recurso presentado por unha empresa
Por Alejandro Espiño
O proceso de adxudicación do novo contrato do servizo de abastecemento de auga e saneamento de Pontevedra quedou paralizado.
Esta medida, adoptada polo Tribunal de Contratación Pública de Galicia, tómase a instancias do recurso presentado por unha das empresas licitantes, Aqualia.
A súa oferta, segundo transcendeu no seu día, foi cuestionada polo informe técnico ao entender que non incluía unha serie de melloras que se consideraban como obrigatorias no prego de condicións, o que lastrou as súas posibilidades de facerse con este suculento contrato.
Aqualia recorreu a adxudicación do contrato á empresa Viaqua, actual concesionaria, que foi a compañía proposta pola mesa de contratación para xestionar este servizo durante o próximos vinte anos, por un prezo global de 110 millóns de euros.
A resolución do Tribunal de Contratación Pública de Galicia, á que tivo acceso PontevedraViva, conclúe que tras analizar as alegacións presentadas queda suspendida a adxudicación impugnada.
Esta suspensión manterase ata que o tribunal dite unha resolución sobre o recurso presentado por Aqualia.
Contra esta decisión, advirte o organismo, non cabe recurso algún.
Relacionadas:
-
A xustiza avala a legalidade do novo contrato da agua de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Viaqua converterá Pontevedra no "escaparate" dun novo modelo de xestión da auga
Por Alejandro Espiño |
-
O Tribunal Administrativo dá o visto bo á adxudicación a Viaqua da concesión da auga en Pontevedra
Por Redacción |
-
Recorren as adxudicacións do servizo da auga e das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra adxudicará a Viaqua o contrato da auga para os próximos 20 anos
Por Oskar Viéitez |