Os médicos do CHOP críticos co xerente denuncian ameazas tras facer públicas as súas queixas
Por Diego Espiño
Tras facer público un escrito molestos ante o "desagradable clima laboral" que se vive no CHOP coa xerencia de José Manuel González, como adiantou PontevedraViva o pasado 10 de outubro, os 80 facultativos do Complexo Hospitalario de Pontevedra asinantes do documento deron un paso á fronte denunciando coaccións e ameazas a varios dos médicos que se mostraron críticos co xerente.
Segundo os asinantes, o 80% do persoal sanitario dos hospitais de Montecelo e Provincial apoian a súa postura, pero como defende Fernando Míguez, autor da polémica carta, "muchos no pueden expresarlo públicamente por miedo a represalias al no contar con una plaza consolidada".
Os médicos do CHOP afirman que se abriron tres expedientes disciplinarios como medida persecutoria cara aos críticos, ao que se suman "pequeñas venganzas" como supresión de gardas ou negación de permisos para asistir a formacións ou conferencias.
Todos eles afirman que o momento elixido para facer públicas estas queixas non responde a motivos políticos derivados da campaña electoral, senón ao acontecido no concurso-oposición da Xefatura de Psiquiatría onde se lle outorgou praza a Isauro Gómez Tato en lugar de Víctor Pedreira, que viña exercendo o posto dende había tres décadas.
Tras coñecer as críticas cara á súa persoa, o xerente do Complexo, José Manuel González, cualificou o mesmo día 10 como "sorprendente" o momento elixido para facer público este escrito, "en plena precampaña electoral y justo en un mes en el que, tanto el hospital del Salnés como el de Pontevedra, presentan los mejores datos asistenciales de septiembre que se han obtenido en toda su historia".
Relacionadas:
-
José Manuel González: "Este gerente no ha desempeñado ni está desempeñando ninguna actividad privada"
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG recrimina ao xerente do CHOP a forma en que cesou un xefe de servizo
Por Redacción |
-
O CHOP nega as "coaccións, ameazas ou represalias" denunciadas polos médicos críticos
Por Redacción |
-
O xerente do CHOP resposta ás críticas dos médicos pola mala situación laboral
Por Oskar Viéitez |
-
75 facultativos molestos polo "desagradable clima laboral" do CHOP
Por Oskar Viéitez |