Vaga de calor, fin de semana con máis festas do ano e praias cheas... o atasco está servido
Por Redacción
A primeira fin de semana de agosto é tradicionalmente a que concentra o maior número de celebracións festivas do ano e na que máis veraneantes danse cita nas localidades de todas as Rías Baixas.
Se a iso lle sumamos que este ano se está vivindo en plena vaga de calor e que as praias se encheron desde primeira hora da mañá de turistas e veciños dispostos a buscar un descanso das elevadas temperaturas, non resulta de estrañar que xa desde media mañá deste sábado se reproduciran os atascos nas principais vías de acceso a localidades da comarca do Salnés.
Os atascos, xa de seu incómodos, víronse complicados esta fin de semana polas elevadas temperaturas. As estacións de Meteogalicia en Sanxenxo e A Lanzada, os puntos con máis atascos, alcanzaron máximas de 37 graos (36,96 no caso da Lanzada) ao longo da xornada deste sábado e espéranse parámetros similares durante este domingo.
As situacións de longas retencións comezaron xa a media mañá deste sábado, pero viviron os seus momentos álxidos ao mediodía e a última hora da tarde, horas ás que coincidían as persoas que acudían ás praias e as que ían a festas como a do Albariño de Cambados. Especialmente complicada foi a circulación, de feito, pola autovía do Salnés, a AG-41.
Relacionadas:
-
A Xunta recorre a drons para estudar o tráfico na Lanzada e buscar solución aos atascos
Por Redacción |
-
Superada a vaga de calor, a semana empeza con descenso brusco de temperaturas
Por Redacción |
-
As 'peñas' toman a cidade. Fronte á vaga de calor e as máximas de 38 graos, auga e viño
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Albariño de Cambados, máis preto de ser Festa de Interese Turístico Internacional
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A Festa do Albariño chega disposta a saciar a sede durante a vaga de calor deste inicio de agosto
Por Redacción |
-
A vaga de calor activará o venres o nivel laranxa de alerta por altas temperaturas
Por Redacción |