Asociacións animalistas ven unha "evidente decadencia" da afección taurina en Pontevedra
Por Redacción
As asociacións abolicionista e animalista Galicia, Mellor Sen Touradas e Fundación Franz Weber valoraron este luns a primeira cita da feira taurina da Pererina, na que houbo tres cuartos de ocupación na praza de San Roque, e concluíron que os números "evidencian que Pontevedra non é taurina".
Os colectivos valoran que nin as súas figuras internacionais nin o intenso foco mediático sobre a primeira corrida da feira taurina de Pontevedra nin a publicidade distribuída polo municipio e por toda a comarca chegaron a superar o 70% do aforamento da única praza de toda Galicia e consideran que iso significa que "non hai substitución xeracional nin existe un interese real pola tauromaquia".
"As cifras mostran unha actividade en evidente decadencia", sosteñen, e contrapoñen o aforamento da praza con outras convocatorias recentes como o concerto de Raphael na Coruña, que logrou sumar máis de 29.000 persoas na praza de María Pita.
Para os colectivos resulta "surrealista" considerar Pontevedra como unha 'cidade taurina', máxime cando menos do 4% dos habitantes da comarca asistiría á corrida e parte do público proviña doutras comunidades autónomas, como é habitual nesta feira.
Por outra banda, outro colectivo abolicionista, Touradas fóra de Pontevedra, anunciou que o vindeiro sábado 11 de agosto o manifesto da súa manifestación antitaurina polas rúas de Pontevedra lerao Begoña Llácer Moreno, filla da escritora e profesora María Víctoria Moreno.
Relacionadas:
-
En Marea pide explicacións polo apoio presencial do vicepresidente da Xunta á festa taurina de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marea e Galicia Mellor sen Touradas entregan 130.000 firmas contra o convenio coa praza
Por Redacción |
-
Xestos de homenaxe á faceta antitouradas de María Vitoria Moreno
Por Redacción |
-
Descafeinado moi quente para a primeira da Feira Taurina da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
Touradas fóra de Pontevedra aprecia un crecemento "moi importante" na sensibilización da cidadanía contra a tauromaquia
Por Oskar Viéitez |
-
Rodrigo Cota desmente á plataforma Touradas fóra de Pontevedra
Por Redacción |