Os postos do primeiro andar do Mercado van ofertarse nun réxime que permitirá testealos durante un ano
Por Redacción
O goberno local de Pontevedra aprobou a modificación do regulamento de mercados nun apartado co obxectivo de resolver un dos problemas que se presentaba no primeiro piso da Praza de Abastos.
A decisión de crear un espazo gastronómico e de liberar o corredor central para crear unha zona na que realizar diferentes actividades alternativas como showcookings, concertos ou outras accións leva un incrementa no custo da limpeza desa zona do mercado. Un custo de limpeza que, ata agora, afrontaban unicamente as arcas municipais.
Coa modificación da normativa, o goberno local se garda a opción de trasladar aos concesionarios dese primeiro piso a xestión do servizo de limpeza nese espazo cun custo, que a concelleira responsable de Promoción económica Anabel Gulías, estima entre 250 e 300 euros mensuais. A decisión dependerá do incremento que o gasto poida levar para o Concello.
Segundo explicaba a representante municipal esta medida trasladouse aos concesionarios actuais, que admitiron esa decisión ao entender que van contar con vantaxes respecto dos vendedores do piso de abaixo.
A concelleira agarda que antes de finais de ano, o Mercado de Abastos atópese a pleno rendemento. No primeiro andar dos 24 postos que se instalarán, 15 contarán cunha campana de extracción de fumes para a elaboración de degustacións. As obras comezarán en setembro cun prazo de execución de dous meses. A intención con esta reforma, segundo explicaba Gulías, é potenciar o produto da planta de abaixo e das especies galegas.
Os postos sairán nun réxime de autorización que permitirá un testeo durante un período dun ano, prorrogable ata un máximo de catro, antes de que as persoas interesadas decidan se se acepta a concesión.
Aínda se está estudando o establecemento de horarios coa posibilidade de abrir postos de venda durante as tardes. "Ao peixe non se lle pode obrigar a abrir de tarde", explicou a concelleira, que sinalou que durante os vindeiros meses estudaranse as diferentes alternativas para regular esta situación.
Relacionadas:
-
Esperan que no primeiro trimestre do 2019 estea habilitado o espazo gastronómico do mercado
Por Oskar Viéitez |
-
Confían en que o 'novo mercado' sirva para "darlle un pulo" ao centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello propón que o Mercado de Abastos abra, de luns a venres, ata as 22.30 horas
Por Redacción |
-
O groso da reforma do mercado farase durante as fins de semana
Por Alejandro Espiño |
-
O espazo gastronómico do mercado estará habilitado a finais de outubro
Por Alejandro Espiño |
-
A empresa ACEVI reformará o mercado de abastos de Pontevedra
Por Redacción |