Reparacións na ponte da rúa Peregrina obrigan a pechar un carril en Eduardo Pondal
Por Redacción
O martes 14 e mércores 15 procederase o peche dun carril de circulación na rúa Eduardo Pondal sentido entrada a cidade, no tramo entre Alcalde Hevia e Uxío Novoneira para realizar obras de reparación da Ponte da rúa Peregrina-Avenida de Vigo.
A Policía Local habilitará o desvío por Alcalde Hevia e Manuel Leiras Pulpeiro.
Os horarios de traballo serán de 09.30 a 13.30 horas e de 15.00 a 20.00 horas. Fora do horario de traballo, a vía quedará expedita.
A empresa colocará sinalización de corte e paneis informativas do desvío.