As verbenas da comarca, mellor sen violencia sexista
Por Redacción
Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas puxeron en marcha a campaña "De Troula ConSENTIDO".
Para iso contaron co apoio das diferentes comisións de festas e os concellos da comarca
O obxectivo desta iniciativa é poder gozar das verbenas en Galicia sen temor á violencia sexista.
Trátase dunha campaña posta en marcha pola Fegamp, Igualdade na Rede e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia á que nos últimos días uníronse as comisións de festas de Almofrei, Pazos de Borela e Caroi.