O polígono do Vao, pendente da entrega de documentación dos promotores ao Concello
Por Natalia Puga
Os próximos pasos a dar para empezar a dotar de actividade o polígono comercial que se está a promover no Vao están agora en mans do Concello de Pontevedra unha vez que a Xunta de Galicia aprobou a Autorización Comercial Autonómica (ACA) á Inmobiliaria Ponteno para habilitar un establecemento comercial colectivo de 8.252 metros cadrados.
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, aplaude a noticia desta autorización comercial en tanto que "o asentamento de área comerciais implica industria e economía que beneficia a cidade e, polo tanto, desde o Concello celebrámolo" e asegura que desde a Administración local se van intentar axilizar todos os trámites.
Gulías asegura que, tal e como se fai cando se está a falar de trámites urbanísticos e administrativos de proxectos importantes, o Concello vai intentar "priorizalos e intentar axilizalos na medida do posible", para facilitarlle ao promotor todos os trámites para que se consiga canto antes o obxectivo de ter esta área comercial.
Aínda que os seguintes pasos a dar dependan do Concello, en realidad, agora a pelota está no tellado do empresa promotora, que ten pendente entregar "a certificación acreditativa de inscripción no rexistro da propiedade da efectiva materialización da regularización de previos" ou, o que é o mesmo, a documentación que acredite que é propietaria dos terreos.
Os terreos eran propiedade de Audasa e agora xa pertencen aos promotores, pero esa documentación non figura no Concello. Para poder darlle o visto bo ao proxecto de equidistribución é necesario que o entreguen. A partir de aí, poderease seguir co trámite ordinario para a concesión de licencia e as obras xa serán unha realidade.
Á vista dese posicionamento do Concello, a entrega da documentación pendente será "canto máis cedo mellor que tarde para todas as partes" e, desta maneira, poderase avanzar nun proxeccto que Gulías recorda que "foi complexo desde o seu inicio, que tivo moitos atrancos, iso é certo, pero parece que pouco a pouco se vai solucionando".
Relacionadas:
-
O polígono comercial do Vao segue pendente da burocracia despois de 18 anos de trámites
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Tres empresarios inician a tramitación para ampliar o polígono do Vao
Por Diego Espiño |
-
O polígono do Vao, en disposición de comezar a construírse antes de finais de ano
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta autoriza a construción do polígono comercial do Vao
Por Redacción |