Centos de persoas reclaman que Pontevedra deixe de ser a capital taurina de Galicia
Por Redacción
Centos de persoas manifestáronse este sábado polas rúas de Pontevedra con motivo da protesta convocada por 'Touradas fóra de Pontevedra' para reclamar a abolición da festa taurina do municipio.
Representantes de diferentes agrupacións políticas como Marea Pontevedra ou Podemos Pontevedra solicitan o remate da subvención que o Concello de Pontevedra mantén coa empresa propietaria da Praza de Touros. Sinalan que o Concello pontevedrés colaborou, desde que o BNG chegou á alcaldía, con máis de 800.000 euros destinados á empresa xestora da praza de San Roque, a pesar de declararse un goberno antitaurino. Cren que é triste que a cidade siga sendo a "capital taurina de Galicia" e solicitan un emprazamento alternativo para celebrar o torneo medieval da Feira Franca e a fin da publicidade das corridas de touros nas rúas e vías públicas.
Tamén participaron neste acto outras agrupacións como Galiza Nova. Desde a organización xuvenil do BNG entenden que o que existe é un contrato de arrendamento da praza de touros para eventos nos que non se realiza tortura animal e consideran que non se está a financiar as touradas, nin directa nin indirectamente, polo goberno municipal. Galiza Nova "rexeita as touradas pola tortura animal que representan, senón por ser tamén un dos elementos máis significativos do imperialismo español na nosa terra".
Pola súa parte, Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fundación Franz Weber valoran outro "non cheo" en San Roque. Os abolicionistas ironizan sobre o suposto carácter taurino de Pontevedra e os seus menos de 3/4 de aforamento completo este sábado
A campaña #ChegouOMomento entregará á Valedora do Pobo informes e recomendacións sobre a presenza de menores nas bancadas do coso taurino.
Relacionadas:
-
'Touradas fóra' volve saír á rúa "nunha das maiores manifestacións das convocadas de forma regular en Pontevedra"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Touradas fóra de Pontevedra, sobre o 'baixón' taurino: "Sendo a única praza de Galicia, nin con esas conseguen enchela"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Marea e Galicia Mellor sen Touradas entregan 130.000 firmas contra o convenio coa praza
Por Redacción |
-
Touradas fóra de Pontevedra volverá saír á rúa o 11 de agosto contra a feira taurina
Por Redacción |
-
Os antitouradas volven esixir na rúa a abolición da tauromaquia en Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |