Nova glorieta no acceso á cidade infantil Príncipe Felipe
Por Redacción
Están a acometerse obras no acceso á cidade infantil Príncipe Felipe. Nas últimas horas creouse unha glorieta provisional nese punto para regular a circulación e obrigando a reducir a velocidade dos vehículos nesa zona.
A empresa construtora EC Casas levou a cabo a demolición da antiga caseta de vixilancia e control de entrada ás instalacións, formigonou as beirarrúas e plantou árbores na contorna deste espazo.
Esta situación quedará provisional ata que se retomen as obras o día 27 de agosto, despois de dúas semanas de vacacións que toma a construtora. Para entón está previsto implantar o sentido circular do tráfico que evitará o perigo que sufrían os condutores cando pretendían entrar ou saír do centro debido a que este acceso atópase nunha curva na que os vehículos adoitan circular a alta velocidade.
A caseta de acceso foi instalada noutro punto. Queda por realizar a instalación da glorieta definitiva axardinada, o novo punto de control e a nova iluminación.
As obras contan cun prazo de execución de seis meses. Desde a Deputación espérase que estean finalizadas no outono se non se rexistran complicacións.
Relacionadas:
-
Máis de 415.000 euros para mellorar e modernizar a entrada ao Centro Príncipe Felipe en Montecelo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A glorieta de acceso a Príncipe Felipe, unha solución "moi traballada" para mellorar a seguridade viaria na zona
Por Diego Espiño |
-
A Deputación inicia este mércores as obras da nova glorieta de Príncipe Felipe
Por Redacción |