A choiva tampouco quixo perderse a XantaCaldelas
Por Redacción
O encontro de confraternidade entre veciños de Ponte Caldelas e emigrantes logrou un récord de participación, alcanzando as 1.034 persoas. E iso que o tempo non acompañou. A choiva fixo presenza durante o tarde pero iso non impediu que esta cita se desenvolvera con entusiasmo por parte dos comensais.
A instalación, organizada polo Concello, ocupaba toda a Alameda. O servizo de cátering serviu máis de 150 quilos de carne, 200 de patacas e 500 quilos de polbo.
Este evento celébrase por segundo ano consecutivo, promovido polo goberno local tripartito, e estase convertendo nunha referencia para toda a comarca. A festa do XantaCaldelas finalizou coa animación dun grupo musical.
Relacionadas:
-
XantaCaldelas trasládase a Chan da Barcia ante a ameaza de choiva
Por Redacción |
-
Máis de 1.500 persoas acudirán á xornada de convivencia de XantaCaldelas
Por Redacción |
-
O XantaCaldelas, a comida de confraternidade entre caldeláns e emigrantes, superará o milleiro de comensais
Por Redacción |
-
Veciños e emigrantes compartirán un xantar de convivencia en Ponte Caldelas
Por Redacción |