Balance positivo, ata o momento, da 'Operación Centinela'
Por Redacción
O 15 de xullo comezaba a Operación Centinela Gallego nos montes da comunidade para evitar incendios forestais. As patrullas despregadas durante as 24 horas do día xa percorreron máis de 230.000 quilómetros e realizaron 17 avisos divididos en 15 conatos, un incendio e unha queima.
Ante estes datos, as Forzas Armadas que participan neste operativo, realizan un balance positivo xa que entenden que se contribuíu á rápida actuación dos servizos de extinción da Xunta de Galicia grazas á alerta previa. Este ano reducíronse notablemente os incendios na zona onde actúan as patrullas, en comparación cos datos de 2017 xa que non se rexistrou ningún incendio superior a 120 hectáreas.
Máis de 300 militares están a participar nesta operación. Os pertencentes a unidades da Brilat foron os que patrullaron en Pontevedra e Ourense, mentres que os efectivos do Terzo Norte de Infantería de Mariña ocupáronse da provincia da Coruña.
Nesta operación 'Sentinela Galego' participan efectivos do Exército de Terra, con patrullas da Brigada 'Galicia' VII, pertencentes á Brilat, e da Armada.
Relacionadas:
-
A Brilat lánzase ao monte esta semana para sumarse á campaña contra os incendios
Por Natalia Puga |
-
Medio Rural atrasa este ano a presenza de militares nos montes na campaña de prevención de incendios
Por Natalia Puga |
-
A Brilat pecha a operación 'Centinela Gallego' cun 88% menos de lumes
Por Redacción |
-
As Rías Baixas permanecen en niveis de risco extremo de incendios forestais durante esta fin de semana
Por Redacción |
-
A Brilat volve ao monte contra os incendios: "Intentamos aportar nuestro granito de arena para que Galicia no sufra esa lacra"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat súmase desde o domingo á campaña de prevención de incendios forestais
Por Redacción |