Rouba un coche no Vao e estrélase contra unha vivenda baixo os efectos das drogas
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo este venres un home de 42 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo a vehículo a motor no Vao de Arriba, despois de sufrir un accidente contra unha casa.
Trátase dun veciño da Coruña que carecía de permiso en regra para conducir e que ademais se atopaba baixo influencia das drogas.
A central da Policía Local recibiu unha chamada de alerta dun veciño do Vao de Arriba, explicando que unha persoa roubara un coche accidentándoo a escasos metros.
Trasladados ao lugar, os axentes atopáronse o vehículo encaixado contra unha vivenda e o presunto autor dentro do mesmo, polo que se procedeu á súa detención.
Ao presentar signos evidentes de atoparse baixo os efectos de estupefacientes, realizóuselle un test de drogas dando positivo en cocaína e opiáceos. Aínda por riba o seu carné de conducir perdera a súa vixencia. Comprobada a súa identidade os axentes descubriron que contaba con con antecedentes por feitos de similares características.