Empeza o curso para o novos "botón de áncora"
Por Oskar Viéitez
Este luns, día 20 de agosto, presentáronse na Escola Naval Militar 118 alumnos (deles 10 mulleres), que ingresan polo sistema de acceso directo, pertencentes ás Escalas de Oficiais dos Corpos Xeral, Infantería de Mariña, Intendencia, Enxeñeiros e Militares de Complemento. Os novos alumnos encadraranse na 1ª, 11ª e 12ª Brigadas.
Ás dez da mañá un brigadier de cada brigada procedeu á lectura nominal da resolución do seu nomeamento como novos aspirantes. Foron recibidos na porta de Carlos I, como é tradicional, polos seus respectivos mandos inmediatos. Unha vez formadas as brigadas, o brigadier designado leu aos novos aspirantes os versos de Calderón expostos na porta de Carlos I.
Ao finalizar, as Brigadas cos seus respectivos Mandos á fronte desfilaron ata as inmediacións do patio de aulas "Don Álvaro de Bazán" onde foron recibidos polo Xefe de Instrución.
Os 60 novos alumnos do Corpo Xeral (deles 7 mulleres), 19 de Infantería de Mariña, 24 de Intendencia (deles 3 mulleres) e 15 de Enxeñeiros efectuarán durante dúas semanas continuadas a fase de adaptación á vida militar. Tras ela uniránselles os alumnos que ingresaron polo sistema de promoción interna para comezar o curso escolar o próximo día 3 de setembro xunto co resto dos alumnos doutros cursos.
Tras a entrada dos novos alumnos, os familiares que os acompañaron tiveron a oportunidade de acceder á Escola Naval. Foron recibidos no Salón de Actos polo Comandante-Director e a continuación puideron participar nunha visita guiada ás instalacións.
Este ano, as notas de corte para o acceso á Escola Naval foron de 11,654 para Corpo Xeral e 12,008 para Infantería de Mariña (sobre un máximo posible de 14 puntos).
Ademais, hoxe día 20 tamén se incorporaron ás Escola Naval 7 alumnos estranxeiros (1 de Perú, 1 de Tailandia e 5 de Arabia Saudita), así como está prevista a incorporación de 2 alumnos de Qatar; todos eles recibirán formación na Escola Naval Militar de Marín en virtude dos distintos convenios de colaboración que a Armada ten coas mariñas destes países.
Relacionadas:
-
O Baile de Gala da Peregrina ponse de longo con 19 'debutantes' e milleiros de asistentes
Por Redacción |
-
O Concello de Marín e a Universidade de Vigo estudan vías de colaboración
Por Redacción |
-
Ignacio Cuartero Lorenzo toma o mando como novo comandante director da Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |