Queixas en Cerponzóns polos danos que causan os xabarís nos cultivos
Por Redacción
A Asociación de Veciños O Chedeiro está a recoller o malestar de veciños da parroquia pontevedresa de Cerponzóns ante os danos que se atopan nas leiras de cultivo debido á presenza de xabarís.
Desde este colectivo estableceron contacto con responsables da Xunta de Galicia do departamento de Caza para trasladarlles a situación. Tamén convidaron os servizos provinciais do departamento de Conservación da Natureza para que comproben as desfeitas que están a sufrir en especial nos lugares de Meán, O Vigario, Pidre e Tilve.
Varios veciños de Cerponzóns xa presentaron nas dependencias da Xunta un escrito denunciando estes danos ocasionados polos xabarís. Desde a asociación sinalan que mesmo se organizan batidas nocturnas para espantalos e evitar que arrasen as súas leiras.
Representantes de O Chedeiro tamén mantiveron un encontro con responsables da directiva da Sociedade de Caza Pontillón do Castro para que se dea prioridade nas batidas contra esta especie. Desde esta Sociedade mostraron a súa intención de colaborar con estes veciños afectados.
Relacionadas:
-
Piden á Xunta que contrate cazadores profesionais para facer fronte ao exceso de poboación xabaril
Por Anxo Lourido |
-
Propoñen a contracepción dos xabarís e a súa alimentación disuasoria en Pontevedra e comarca
Por Redacción |
-
Os animalistas de Libera! rexeitan as batidas de xabarís como solución aos danos nos cultivos de Cerponzóns
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Volven atrapar cabalos salvaxes que danaban propiedades e cultivos no Rañadoiro
Por Diego Espiño |
-
A problemática dos cabalos salvaxes de Ponte Sampaio, ante a Xunta e a Subdelegación
Por Redacción |
-
Denuncian graves danos en leiras de Marcón pola entrada de porcos bravos
Por Redacción |
-
Veciños da Ermida, en pé de guerra contra o xabaril
Por Alejandro Espiño |