"El pesimismo no está justificado", asegura Eduardo Serra, "saldremos de la crisis con talento"
Por Oskar Viéitez & Manu Cillán
Eduardo Serra, o que fora ministro de Defensa durante o goberno de José María Aznar, acudiu este luns a Escola Naval Militar de Marín para impartir unha conferencia ao abeiro da Cátedra Álvarez Ossorio deixando unha mensaxe ben clara "saldremos de la crisis con talento".
Hoxe en día expertos e cidadáns de a pé centran o debate nunha crise económica na que "el pesimismo no está justificado", como asegurou Serra.
"Piensen ¿y si es la cuarta vez que los más pesimistas se equivocan?". Logo da morte do ditador Francisco Franco en 1975 a democracia "parecía una utopía difícil de alcanzar. La adhesión de España en 1985 a la Comunidad Económica Europea, la actual Unión Europea, supondría la destrución de la industria del país. Formar parte de una moneda única, el euro, sería un reto difícil de conseguir".
A globalización e a revolución tecnolóxica definen o tempo no que vive esta nova sociedade do século XXI. "La caída de las barreras económicas nos acerca al concepto de aldea global y trae consigo la aparición de nuevas potencias industriales. La crisis económica aparece como consecuencia directa de la globalización", comenta Serra. Con todo, esta situación financieira fai do mundo "un lugar inseguro en el que sus habitantes tienen miedo. Sólo hay una palanca que pueda despejar las inseguridades del futuro: el talento".
O avogado e político no seu relatorio asegurou que o talento é a clave para que Europa poida manter dereitos coma a sanidade universal ou a educación pública. "El talento es una calidad personal que se puede modular a través del sistema educativo sacando de cada alumno lo mejor de si mismo. No hay más talento en unos países que en otros. Está democráticamente repartido", dixo o ex ministro de Defensa.
FORTALEZAS E DEBILIDADES DE ESPAÿA
"Europa dejará de ser el ombligo del mundo", un feito que en opinión de Eduardo Serra podería chegar a ser moi beneficioso para todos os países que a integran. No que atinxe a España, tanto a súa posición xeográfica de porta de entrada á Unión Europea como a súa propia historia son dous elementos estratéxicos que lle outorgan diversas vantaxes, como o idioma: o español é a cuarta lingua máis empregada do planeta e a segunda con máis uso entre os idiomas occidentais. O feito de ser unha potencia turística e de "saber adaptarse a las nuevas circunstancias" son outros dos factores facilmente identificables como fortalezas, asegura.
Entre as debilidades do país: o seu tamaño, "no es un estado grande ni tampoco pequeño", e o feito de que non se dea o salto dende a investigación básica á de tipo aplicado, aquela que converte a ciencia en tecnoloxía. "Debemos alcanzar la materialización de la investigación en patentes", destacou.