Apenas catro frades manteñen con vida o convento de San Francisco
Por Oskar Viéitez
Gonzalo, Ignacio, Abilio e José; son os catro frades que manteñen con vida o convento de San Francisco, en Pontevedra. Tres deles son sacerdotes.
"Éramos seis hasta hace un par de años pero se murieron dos aquí en Pontevedra", lamenta o pai Gonzalo Diéguez, superior desta comunidade.
A vida monacal esíxelles levantarse "bastante temprano" para o rezo de Laudes sendo a primeira misa ás nove, "mientres que otros van a confesar". Durante a mañá o Comedor solidario centra todo o traballo dos relixiosos. Pola tarde celebran outra Eucaristía ás sete e media para reunirse despois en comunidade para o rezo de Vésperas.
O seu labor máis destacado é o Comedor Social que abriu as súas portas por primeira vez en xuño de 1988. Hai 30 anos.
Proximamente reunirase o Capítulo da Provincia de Santiago da Orde Franciscana "y entonces será cuando se pongan nuevos superiores y manden gente para otros destinos". A esperanza está posta en que a Boa Vila reciba a novos frades.
"Nosotros no somos fijos, es decir, no estás en un sitio para siempre". No seu caso, o pai Gonzalo, natural de Agolada, estudou Filosofía e Teoloxía en Santiago e acabou marchándose a Roma onde estivo dezaseis anos, logo pasou nove anos en Salamanca e catro anos en Ourense. Na cidade do Lérez leva máis dunha década.
Despois de todo este periplo vital, Gonzalo Diéguez declara que "yo a Pontevedra la admiro mucho" e concreta este sentimento na "generosidad de la gente". Está convencido de que unha iniciativa como o Comedor Social non tería igual éxito "si lo hubiéramos hecho en otro lugar que ahora no diré para no herir susceptibilidades".
A día de hoxe unha vintena de voluntarios, organizados en quendas, dan para comer de luns a sábado a unhas 130 persoas repartidas en dúas quendas: á unha, a primeira, e á unha e media, a segunda.
As esmolas recollidas nos dous cepillos da Igrexa de San Francisco e os donativos de particulares e empresas, abrigo supermercados, enchen a despensa do Comedor para poder servir un menú de dous pratos e sobremesa ademais dunha bolsa para a merenda cun bocadillo e froita.
Sobre o futuro da misión franciscana na Boa Vila o pai Gonzalo apunta que "está garantizada hasta que Dios quiera" xa que "vocaciones no hay". A día de hoxe na Provincia hai 13 conventos "algunos van a tener que cerrarse. Pontevedra yo espero que sea de los últimos".
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos levará a cabo unha Operación Quilo tras o parón do verán
Por Redacción |
-
O PP propón crear a Casa de Cultura Municipal Alexandre Bóveda no antigo edificio de Facenda
Por Anxo Lourido |
-
Veciños de Forzáns entregan tres toneladas de alimentos ao comedor de San Francisco
Por Redacción |