Adeus Peregrina! Ola Feira Franca!!!
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este martes comezaban os traballos para desinstalar o escenario dos concertos musicais da Praza de España e das atraccións e postos situados en Raíña Vitoria e Alameda con motivo das Festas da Peregrina. Segundo anunciou a concelleira de Festas, Carme da Silva, está previsto que este operativo, se non se rexistran incidencias, finalice antes da medianoite.
Segundo a Policía Local, ás 19:30 deste martes queda aberta ao tráfico a Rúa Alameda. Vai cambiar o sentido de circulación de Xeneral Martitegui, manténdose tal e como estaba antes das festas. A rúa Raiña Vitoria, segundo as mesmas fontes, probablemente non se poda abrir ata este mércores.
Tamén diversos operarios iniciaron ao longo da mañá deste martes a instalación das estruturas dos arcos de ambientación en distintos puntos do centro histórico para a celebración da Feira Franca o próximo 1 de setembro.
Ademais, varios funcionarios do Corpo do Parque de Bombeiros de Pontevedra levaban a cabo a revisión dos hidrantes en distintos puntos da cidade. Carme da Silva explicou que este control das tomas de auga é necesario realizalas anualmente e, por este motivo, aprovéitanse estas datas previas á festa do mercado medieval para manter as bocas de incendio listas por se é necesario o seu emprego ante calquera emerxencia que poida xurdir durante a Feira Franca.
Relacionadas:
-
Esta é a programación da Feira Franca
Por Oskar Viéitez |
-
Trece rúas do casco histórico estarán pechadas por colocación de mesas durante a Feira Franca
Por Redacción |
-
O Demo volverá o 23 de agosto para facer maldades por Pontevedra
Por Redacción |
-
Día extra adicado aos nenos nas atraccións da Peregrina
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
Abre a Oficina da Feira Franca 2018, que estará adicada ás lendas
Por Redacción |
-
A Feira Franca seguirá sendo día laborable en 2018
Por Redacción |